Temas: REGANOSA

O Supremo anula a autorización de Reganosa

O alto tribunal sostén que o permiso carecía de "cobertura urbanística", polo que a empresa terá que tramitar unha nova autorización.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/04/2016 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo dálle un pau a Reganosa ao anular a autorización administrativa previa, logo de estimar un recurso contencioso-administrativo interposto pola plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá e outras entidades. Deste xeito, anúlase a resolución de 2002 da Dirección General de Política Energética do Goberno central, que outorgou autorización administrativa previa para a ainstalación dunha planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos.

Planta de Reganosa en Mugardos
Planta de Reganosa en Mugardos | Fonte: www.gnlglobal.com

A sentenza do Tribunal Supremo deixa ademais sen efecto a sentenza do Tribunal Superior de Justicia de Madrid que en 2013 ratificou a legalidade da planta. 

O alto tribunal anula a autorización administrativa por terse concedido nun momento no que o plan de ordenamento urbanístico de Mugardos, de 2003, non permitía a instalación nese lugar dunha instalación de hidrocarburos. 

Deste xeito, Reganosa deberá tramitar de novo a autorización administrativa. A empresa xa anunciou que traballará para resolver este contratempo, que considera unha simple "cuestión de forma e non de fondo" e agárrase a que a sentenza desestimou dous dos tres motivos de reclamación, os cales era: un relacionado coas condicións técnicas e de seguridade da planta, que foi desestimado, outro polo impacto ambiental, tamén desestimado, e un último polo emprazamento, que foi o que levou a esta anulación.

Temas: REGANOSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Cachamuiña

Caladiños todos os merdeiro-tojeiros amigos do capital e votantes da UPG?? Que raro que non lle boten a culpa aos podemitas nin a Beiras..

2 pacorro

¿Queres deixar un comenta http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

3 Chan de Fabeiro

Benega, Benega, Benega... sempre traballando para o empresario amigo, sempre bordeando a legalidade para beneficiar aos mesmos que o Partido Podre, sempre favorecendo aos peixes gordos. Noxentos traidores, perceptores de regalos e de mantidos enchufados, sodes a vergoña do nacionalismo galego. Benega dades noxo!

2 Francisco Carlos

A culpa é de BEIRAS

1 Non tanto

Non te pases. El so apoiou pero as licencias as deron os gobernos da Xunta e central http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

1 bautista do unto

Xa se engargou Barcia o alcalde da UPG, de darlle cobertura, modificando posteriormente o Plan de Urbanismo de Mugardos. Como non saen a ladrar sobre este tema os trolls da UPG-CIG?