Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/04/2016 | Actualizada ás 09:30
Na comisión de control da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, CRTVG, o seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, foi increpado polo deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, pola "censura que sufriu unha canción levada ou programa de Musigalité".
O grupo musical Ataque Escampe denunciou o corte intencionado dun dos versos da súa canción San Marino na emisión en dito programa, eliminando exclusivamente, o verso no que se dicía: “Adeus cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP”.
Na actuación emitida en Musigalité recolleuse a interpretación acústica do tema, pero ao chegar á frase “por unha vez”, hai un corte na música e pasa á parte inmediatamente posterior, unha coda instrumental con coros, como se pode apreciar no minuto 27'27" da gravación do programa (o seguinte vídeo caseiro inclúe a versión completa da canción).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.