Temas: EDUCACIóN

Pouca participación na polémica "reválida" aos nenos

O 80% dos alumnos convocados as coñecidas como reválidas non se presentaron hoxe. Son datos da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que coordina a unha parte dos opositores a esta e outras medidas da polémica LOMCE. A Xunta non deu cifras polo de agora.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O presidente da Federación de ANPAS de Compostela interpreta que a baixa participación demostra que a proba é innecesaria. En opinión de Fernando Lacaci é moi significativo que pais de “todas as ideoloxías” non enviaran aos seus cativos aos exames. 

Román Rodríguez,  conselleiro de Cultura e Educación
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación

Lacaci fixo estas declaracións durante unha concentración diante da sede central da Xunta en Santiago. Nela participaron numerosos parlamentarios do BNG.

Desde hoxe e ata o venres, máis de 20.000 rapaces procedenes de 800 escolas públicas galegas están convocados a exames galego, castelán, lingua estranxeira, matemáticas e ciencia e tecnoloxía. A Xunta tentou parar a protesta argumentando que as notas non se teñen en conta para o expediente, que non se clasificarán os centros en función dos resultados e que os exames só servirán para dar unha orientación do desenvolvmento a pais e mestres. Os exames de terceiro de primaria celebraranse os vindeiros 24 e 25 de maio.

A maioría de colectivos de pais, como a Confederación de ANPAS galegas pronunciouse en contra dos exames.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Que fagan tamén unha reválida a clase politica para ver que coñecementos teñen de galego, ingles, economía, historia... e que ideas teñen para crear emprego e arranxar problemas coma os desahucios, a desigualdade, problemas demograficos, sectores economicos galegos en crise, etc.