Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/06/2016 | Actualizada ás 16:40
Sete bloqueiros aterraron este venres en Ferrol dentro do Blog Trip, un programa organizado dende a Concellería de Turismo para este fin de semana co obxectivo de promocionar a cidade como destino de turismo activo e de natureza.
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez reuniuse este venres con todos eles que estarán nesta cidade ata o domingo para 'ferrolanizarse'. Son Carlos Olmo (Vagamundos), Víctor Gómez (Machbell), Sabela Montero (Viajando. Imágenes y sensaciones), Víctor Ferrando (Foto escapada), Verónica Martínez (Vero4travel), Laura Fernández (Raponchi) e Pepe Romera, experto en vídeo márketing.
O concello suliña que entre os sete, que chegan desde Madrid ou mesmo Benidorm, “suman miles de seguidores nas redes sociais, atentos aos seus consellos e recomendacións a hora de embarcarse nunha nova aventura”.
O rexedor e o concelleiro de Turismo, Bruno Díaz, mantiveron con eles un encontro para intercambiar plans e impresións de cara a esta apremada fin de semana, cun programa de actividades que vai do mergullo ao sendeirismo, pasando polo surf, kayak, o parapente, o patrimonio urbanístico e arquitectónico da urbe, cos segredos que agocha a súa historia ata as iniciativas mais senlleiras como o roteiro das Meninas, e a súa enorme riqueza natural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.