Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/06/2016 | Actualizada ás 10:00
Un equipo formado por investigadores do Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Universidade de Sevilla e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) traballan no proxecto Estrímnides, centrado en investigar as relacións comerciais que as comunidades do noroeste mantiveron con pobos do sur da Península Ibérica e o Mediterráneo en Xeral. Financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, en concreto estudan a presenza fenicia no noroeste peninsular (Galicia e norte de Portugal) durante o primerio milenio a.C.
Os investigadores sevillanos viistaron esta semana en Galicia para participar nunha serie de actividades que avancen no estudo dos materiais arqueolóxicos de procedencia mediterránea recuperados en castros galegos. Deste xeito, visitarán a arqueoteca da Universidade de Santiago de Compostela e o Museo do Mar, o Museo de Pontevedra e o Museo de San Antón en Coruña.
A semana culmina nunha reunión de traballo este xoves 16 no Museo do Mar para presentar os obxectivos do proxecto á comunidade arqueolóxica galega.
O GEPN constituíuse en 2006 no seno do Departamento de Historia I da USC, inicialmente orientado cara ás etapas máis recentes da Prehistoria de Galicia e que pronto ampliaría o seu enfoque a períodos máis arcaicos e recentes da ocupación humana en Galicia. Na actualidade, os seus integrantes seguen unha variada gama de investigacións que cobren principalmente desde o Paleolítico á Idade do Ferro, informa a USC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.