O empresario que foi ignorado polo seu galeguismo

“O espírito galeguista de Enrique Peinador na súa empresa foi un motivo máis de intervención liquidacionista”, asegura Ricardo Gurriarán, autor dunha monografía sobre Enrique Peinador Lines, un dos grandes empresarios galegos do século XX.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Enrique Peinador Lines e Mondariz, empresa, turismo e país” é un libro de Ricardo Gurriarán no que se pescuda toda a actividad empresarial filantrópica, cultura, empresarial e política de Peinador.  GC falou co autor sobre esta figura. O aeroporto de Vigo leva agora o nome de quen foi un dos principais modernizadores da empresa galega. Desde o Balneario de Mondariz continuou a actividade filantrópica e emprendedora do seu pai, unha actividade que o levou a impulsar proxectos artísticos, culturais e arqueolóxicos e tamén ao mundo da política, ao Partido Galeguista. Unha militancia que o levaría ao ostracismo e que acabaría co seu fillo nun paredón franquista. Outros, moi poucos, como Díaz Pardo, recolleron a súa filosofía empresarial.

Enrique Peinador asiste a recepción de Castelao na sede da RAG na Coruña no 1934
Enrique Peinador asiste a recepción de Castelao na sede da RAG na Coruña no 1934 | Fonte: galipedia

Que supón o proxecto de Enrique Peinador para a cultura e o mundo empresarial galego?

Neste ano que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, temos que apuntar que Enrique Peinador Lines foi un emprendedor do mundo termal que se atreveu a poñer en práctica o ideario deste movemento galeguizador, por outra banda, único e ousado da «especie empresarial» nos comezos do século XX que acometeu  tal empresa. Enrique Peinador foi quen de levar a cabo actividades a prol da difusión da nosa cultura identitaria e da lingua galega nos espazos do seu coñecido e recoñecido emporio hidrolóxico: O Balneario de Mondariz.

Ademais, difundiu parte da nosa historia e dos seus protagonistas a través de excelentes publicacións, realizou actos culturais de relevancia no seu recinto hidrotermal, desde sesións da RAG, da que era membro correspondente, ata homenaxes a persoeiros da cultura galega como Murguía, pasando por exposicións pictóricas, concertos de música, rescate de festas e tradicións populares, realización de folións e conmemoracións de variada índole relacionadas coa comarca e co país. Puxo en valor as investigacións arqueolóxicas da zona, coa colaboración do seu xenro Isidro Parga Pondal co profesor e colega Luís Pericot, máis co SEG e Cuevillas á cabeza, e o arqueólogo Ángel del Castillo. Xunto a seu pai, puxeron en marcha un Museo arqueolóxico e etnografico no recinto mondarizano, un dos primeiros de Galicia de carácter privado. Tamén fixeron importantes doazóns de pezas ao Museo de Pontevedra. Estableceu unha escola de música para traballadores e traballadoras do Balneario co fin de crear diferentes agrupacións musicais, a maior parte de música galega. Tamén se anunciaba en galego nas principais revistas da contorna filogaleguista da época e exercía de mecenas de artistas e acubillaba e convidaba no seu Balneario aos máis senlleiros defensores intelectuais da nosa identidade.  Convocou un relevante concurso de estudos que redundasen no desenvolvemento de Galicia: os premios Mondariz de economía, e de arquitectura e investigación musical relacionados co país (1921). Todas elas, actividades onde as Irmandades da Fala fixeran fincapé para promover unha intervención social: modernizar e conservar.

Sendo un dos grandes innovadores do seu tempo. Como concebiu el a súa empresa?

Escultura de Enrique Peinador diante do Balneario de Mondariz
Escultura de Enrique Peinador diante do Balneario de Mondariz | Fonte: mundiario.com

A súa empresa, que viña de atrás cuns trazos moi peculiares da man de seu pai, viña ocupando un espazo moi interesante dentro do termalismo peninsular, non alleo ás mudanzas sociais que se viñan dando na Galicia do cambio secular. Neste ámbito, Enrique Peinador fidelizou a clientela de notables do mundo intelectual, político e artístico, que atraera o vello Peinador, roubándoa dos «notables» centros termais centroeuropeos, como foi o caso de Emilia Pardo Bazán, principal voceira intelectual e literaria do Balneario de Mondariz. Por efecto chamada da nobreza que ocupaba os salóns do novo edificio do Gran Hotel do Balneario (1998), foi o novo temonel Enrique (/1907) quen imantou á mediana e pequena burguesía para que viñesen ao espazo de relación e cultura que ofrecía o lugar, á parte dos efectos hidroterápicos que ofertaba, e a ocupación de ocio con novas actividades das que non se esquecía o sport, os paseos naturais e os bailes populares e os folións con música galega. Tamén introduciu a posta en valor do patrimonio artístico da zona máis as viaxes aos principais centros de interese da contorna, mediante o novo invento que revolucionou a mobilidade: o automóbil.

Enrique Peinador tamén soubo rodearse de persoeiros que, dalgún xeito, colaborasen na incorporación de Mondariz á modernidade, como foi o caso de Antonio Palacios, principal artífice da creación de espazos arquitectónicos e urbanísticos do lugar. Con Palacios deseñou o mozo Enrique a creación dun amplo polo metropolitano atractivo para o turismo, con maiúscula. EPL, xunto a outros emprendedores vigueses, creou a Asociación para el Fomento del Turismo en Galicia (1910), da que non quedaban excluídos os viaxeiros que arribaban ao porto de Vigo, nomeadamente ingleses. Tampouco os abastados emigrantes galegos en América, antes de visitar os seus lugares de orixe.

Tamén coidou a médicos e emigrantes galegos en América, como elementos clave para difundir a súa empresa diversificada: termalismo (baños  in situ) e venta de augas minerais. En definitiva internacionalizou a súa empresa e tratou de colaborar para significar e poñer en valor a Galicia no mapamundi.

Que cres que é o que o diferencia a el doutros empresarios galegos do seu tempo?

A diferenza doutros empresarios da época, Enrique Peinador centrou o seu interese emprendedor nun marco de perspectiva de país en desenvolvemento, cunha actitude de benefactor e de emprego dos excedentes na mellora da excelencia do escenario, que non nas ganancias, de xeito exclusivo. Sempre aproveitou os rendementos económicos que lle daban as vendas das augas para manter o seu principal centro de interese: o Balneario. 

Mirou pola creación e consolidación dunha área practicamente rural, como era a aldea de Mondariz, mesmo creando un novo concello: Mondariz-Balneario. 

O rigor científico e a escolla da xente para levar a cabo labores fundamentais foron sinais de identidade en Enrique Peinador. Desde as análises químicas e o director médico ata o persoal cualificado de determinadas áreas de responsabilidade do seu negocio.

E como foi posible unir o concepto de galeguismo e de empresa nunha época de tantos cambios?

Enrique Peinador, na maioría dos catro réximes políticos diferentes que viviu, soubo manter os elementos diferenciais que caracterizaban o seu labor empresarial, mais non puido facer fronte ao crack do ano 1929, economicamente falando. A empresa por el dirixida, de xeito progresivo e acelerado, pasou a mans bancarias, como case todas as marcas de negocios familiares importantes na altura: entrada de capital bancario nas famosas ampliacións de capital «de obrigado cumprimento», para logo as entidades facerse coa maioría das accións das empresas. Logo do golpe de Estado de 1936, que deu ao traste con todo, foi liquidada a súa marca especial, mesmo a súa vida. Para os poderes políticos e económicos, non cadraban empresarios que se saísen das coordenadas marcadas, as de sempre, mais sen veleidades, como eran as do selo Peinador .

Logo, tivo problemas por iso?

Enrique foi observador de como se ía liquidando todo aquilo que caracterizara o seu labor. Seus comezos de ideais na coruñesa Cova Céltica do libreiro Carré, que sempre levara con orgullo, foron esvaecéndose co empuxe das grandes entidades financeiras, que aproveitaron a conxuntura para facerse con boa parte do tecido empresarial galego. Mais o seu afán catalizador de levar o espírito galeguista, en clave país,  á súa empresa, naquel momento case foi un motivo máis de intervención liquidacionista, ao meu parecer. 

Entón, a súa experiencia non cuallou, que pasou para que a súa idea de país e de empresa non fora consumada?

«Liberado» das súas responsabilidades empresariais, foi cando Enrique dedicouse máis a fondo á política activa, participando nas grandes decisións do PG, no que militaba desde a súa creación en 1931. Tamén seu fillo homónimo tivo un compromiso político importante na Izquierda Republicana de Azaña, e como avogado progresista, cuestións estas que foron determinantes para que acabara a súa vida nun paredón de Madrid en 1940, da man dos vencedores.

E cres que hoxe hai algún modelo empresarial semellante ao de Peinador en Galicia?.Digo isto porque hai moita reticencia entre o grande empresariado a destacar o propio, máis alá de campañas comerciais. Non cres?

Tendo en conta a mudanza de escenarios e situacións, sería Isaac Díaz Pardo o empresario que máis se asemellaba a Enrique Peinador, pois foi dos poucos que tiña clara a idea de país e desenvolvemento, ligados; e de ser quen de saber e querer facer equilibrios empresariais para levar a cabo iniciativas culturais non rendibles en base ao transvase de excedentes económicos de outras áreas que xeraban beneficios. Desgraciadamente o seu ideario non foi herdado polos que agora comandan a que era a súa empresa.

Cales serían as chaves, segundo ti, que as grandes empresas galegas debían aproveitar da experiencia de Peinador?

Paseniño, desde hai uns anos, se veñen incorporando algunhas empresas a labores básicas de imaxe corporativa, uso interno da nosa lingua en convenios, etiquetaxe de produtos, información externa... 

Neste labor xoga un papel fundamental o traballo desinteresado que ven desenvolvendo o Foro Enrique Peinador, con Xosé González Martínez e o seu equipo, cos que son colaborador habitual, quen foron os que me encargaron esta biografía, por ser Enrique Peinador referente esencial de galeguidade e modernidade no tecido empresarial galego de outrora, e imaxe e icona a seguir. 

Aínda que os tempos son difíciles para este reto, máis o foron noutras épocas...

Convido á xente a ler o libro para descubrir a un personaxe que, sen lugar a dúbidas, fixo país.

Ricardo Gurriarán, autor do libro Enrique Peinador Lines e Mondariz, empresa, turismo e país
Ricardo Gurriarán, autor do libro Enrique Peinador Lines e Mondariz, empresa, turismo e país
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

7 UIO

¿Balneario de Mondariz? Presentou suspensión de pagos hai un tempo. Seguro que tamén foi por culpa de ser galeguista o seu fundador

6 balbino

Cala a boquiña por hoxe Nostrus que xa levaches bastante, se non coñeces a Don Enrique Peinador que é de quen fala está nova non sei para que comentas nada, tanto criticar e seguro que ti eres o máis nacionalista de todos, iso si nacionalista español o único nacionalismo do estado que non respeta os demáis e impuxose a base de matar a milleiros de inocentes, palizas varias, raparlle o cabelo as mulleres e demáis barbaridades que levades anos xustificando.

1 nostrus

Si é certo o que dis, ti tamen tes a tua parte de culpa pola parte que tes de español, porque renegar non che valerá de nada, agás para ser un renegado.

2 Ieeeeeepa

Esta è a que faltaba: nostrus repartindo credenciais de quen é español, galego ou chorrilandés. Vaite para tua casa e durme un pouquiño, que o retraso estache indo a máis

3 Españolistas dades noxo

Quen quere ser español? É unha lacra.

5 nostrus

Non coñezo a traxectoria de Enrique Peinador, pero os bos empresarios que crean emprego e riqueza en Galicia non son do agrado da caberna galeguitica, agás que pese mais a sua faciana galegueira. O nacionalismo só é unha fe en grao de fanatismo.

1 pailanismus

Ti non coñeces nin a traxectoria de Enrique Peinador nin a túa propia, porque non amosas ser máis que un ignorante que repite os mesmos mantras sen ningunha base racional. Dicho un non nacionalista: eres ignorante perdido

2 nostrus

pailanismus. me llamas ignorante y probablemente no tengas altura para debatir dialecticamente conmigo, porque si la tuvieras no te limitarias a insultar en vez de rebatir algo. He dicho que no conozco la trayectoria de Enrrique Peinador y por ello no tengo motivos a criticarlo, pero para vosotros vale cualquiera si dice ser gallegista. Con la falta de razocinio y analisis que teneis seriais capaces de comer mi.erda si os dicen que es gallega.

3 Costrus

Carallo Nostrus, sacando o carácter castelán 😉 . O de falar galego pra dares peso ao teu argumento esquecíchelo na brincadeira.

4 nostrus

Costrus. Hablo lo que me da la gana porque soy una persona libre y no soy sumiso ni siervo; por algo no soy nacionalista y no te voy dar el gustazo de que me digas tu que lengua tengo que usar. Disfruto siendo gallego y por ser español; ventaja que tengo sobre los que tienen autoodio por ser españoles porque nunca encontraran un lugar en el que dejar de sufrir. Como mucho podran alcanzar algo de alivio juntándose con otros sufridores y hacer terapia de grupo lamentádose de su desgracia de ser españoles. Que sufran lo mejor que puedan.

5 pailanismus

nostrus, para empezar: o de que eres un ignorante non é un insulto, é un CALIFICATIVO. Eu son ignorante en moitas materias coma ti o serás en outras, pero asegúroche que teño unha capacidade de argumentación cunha base sólida de coñecementos e con bastantes menos prexuizos ca ti. Ti simplemente estás a amosar que es unha persoa victimista ("me estás insultando" cando ninguén o fixo) e que queres patrimonializarlle ao nacionalismo todo o que teña que ver coa lingua galega ou o galeguismo non nacionalista/soberanista. Non es máis que un infeliz cheo de prexuizos: e volvo darche o meu calificativo, non é un insulto.

6 pailanismus

e a ti ninguén che odia porque defendas a pertenza de Galicia a España ou o uso libre do español en Galicia: ambas ideas son tremendamente lexítimas e eu respéctoas e podo compartilas con certos matices. Simplemente non tes outra base que defender as túas ideas atacando e insultando (porque ti sí que insultas meu amigo) chamándolle nacionátas ou naciópatas aos nacionalistas galegos, ideoloxía tan respectable coma a túa. Esa é unha realidade: para min non es máis que un individuo cheo de prexuizos que se adica a rastrear noticias sobre o galego ou o galeguismo para seguir estendendo prexuizos. Pero mira, se eso che fai feliz, dalle caña, que para o caso que che van facer... xa cho fago eu e non fago moi ben

7 Antinostrus

Este pailan mononeuronal carece de toda credibilidade....á súa adicación exclusiva á succión dos mástiles mexeris dos grandes próceres do Ministerio do Interior Español (previo pago dos Trinta Denarios cipáicos correspondentes) situa-o xa non no chanzo mais baixo da Especie dos Primates senón diria eu que ao abeiro da Almorrana Flamenca e Bordelaniana do Infecto Cú do Eslabón Perdido Matritense Eternamente Xenocida. Morte, pois, ao Traidor: eu optaria pola Grella Incandenscente, como no caso do Pepeiro San Lourenzo.

4 Bufffff

Ten pinta de ser a típica historia-biografía nacionalista, redactada de xeito que se enaltece o favorable e se agacha o adverso. A iso se lle chama haxiografía, historia das vidas dos santos, mera propaganda sin ningún valor. Obviase polo que parece, denostar cousas que deben repunar a calquera conciencia honrada, como o Santo Pucherazo dado polo PG, dado polos seus militantes, que pasaron así a ser delincuentes, e a intervención que puido ter Peinador neste delito co que se situaron no mais baixo escalón moral. E que non me conten que o fillo foi fusilado polas súas ideas, que á inmensa maioría dos afiliados ao PG e non lles pasou nada. Se o fusilaron foi, ou por ser un combatente irregular, ou por dirixir aos anteriores. Igualiño que por esas datas facían soviéticos, nazis ou aliados en xeral con calquera combatente irregular. E por caridade, sería ben non poñer a Díaz Pardo como exemplo de empresario...

1 xDDDD

alerta! alerta! alter-ego de nostrus!

2 Luis Foz

Se alguém criou riqueza, cultura e muitas cousas mais foi Peinador, membro das Irmandades e do Partido Galeguista. Os do 36 mataram-lhe um filho também nacionalista. Por certo Ricardo Gurriarán é um bom historiador e não é precisamente um nacionalista galego ainda que defenda os direitos de Galiza. Ler certas cousas produz muito nojo

3 Balbino

Menudo Zas en toda a tua bocaza acabas de levar Nostrus, jajajaja