Traballadores da TVG denuncian a “manipulación brutal” no escándalo do ministro de Interior

Persoal da canle pública maniféstase contra a censura que aplica a dirección para protexer a Jorge Fernández Díaz no caso da conspiracion co xefe da Oficina Antifraude de Cataluña. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/06/2016 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Unha vez máis, a dirección da TVG volve ser acusada de aplicar métodos de censura e manipulación para evitar informacións que prexudiquen ao Goberno do PP. Desta vez, varios traballadores da canle pública galega protestaron na mañá deste xoves pola "manipulación brutal e intolerable, inadmisible nun medio público que se debe ao dereito á información que ten a cidadanía galega", en referencia ao tratamento informativo que se lle está dando á información do escándalo que afecta ao ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, sobre unha conspiracion co xefe da Oficina Antifraude de Cataluña, Daniel de Alfonso Laso, para fabricar escándalos contra dirigentes de ERC e Convergència; unhas conversas que saíron á esfera pública tras a filtración dunha gravación.

Protesta dos traballadores da TVG
Protesta dos traballadores da TVG | Fonte: Comité Intercentros CRTVG.

O Comité Intercentros da CRTVG mantivo unha protesta tanto na redacción como no despacho da directora de informativos e pediron a dimisión desta por "evitar que se emitiran as gravacións de Fernández Díaz con Daniel De Alonso da Oficina Antifraude de Cataluña que se publicaron en case todos os medios".

Os traballadores critican que só se emitisen declaracións do Goberno central e que se silenciase a das forzas da oposición sobre este tema, que pediron a dimisión do ministro.

"Decidiron dar primeiro a versión do Goberno, antes de que se ofreza a información. Non se incluíu ningunha declaración que non fose do Partido Popular, nada de oposición e, iso si, ben pegadiño a este escandaloso comportamento do PP unha noticia que relaciona a financiamento de Podemos co Goberno de Venezuela", critican.

Os traballadores denuncian tamén que se aplicou a censura no sitio web da CRTVG, onde “casualmente os informativos do día 22 non están colgados na web da CRTVG. Pero non afecta a todos os informativos, só aos que teñen contido político: os telexornais. Os programas como o Galicia Noticias si que están publicados", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Xosé Marcelo Romeu Herbón.

Esta mensaxe vai para o o que escribe "euoseimellor": iso soa máis a español que o cara al sol; doe a vista de lelo. Eu seino mellor! "euseinomellor". É gravísima a censura da TVG pero aínda máis grave é o masoquismo dos que votan á organización mafiosa "Partido Popular" despois de todo o que nos levan feito (e desfeito)! Os que votades ao PP non tedes vergonza e moito menos dignidade. Corruptos coma eles! Por se algúns xogan a adiviñar(me) SI, SON INDEPENDENTISTA [pero non milito en ningún partido, ala! a mamala!] España é unha cloaca pola vosa culpa!

1 euseinomellor

disculpa polo meu galego! ;)

4 André

A censura nos informativos da TVG é diária. Tampouco emitiram as gravações do Baltar oferecendo umha vaga pública em troca de sexo. Tratam-nos coma parvos mas nom se decatam de que nesta altura qualquer um pode ouvir essas gravações pola net ou noutros mídia, colocá-las de politone no telemóvel, brincar a fazer canções com elas...Ai, se no canto de manipularem aprendessem a falar galego!

1 Damasco

O teu galego?

3 Montesío

Estes do PP cumplen a Constitución Española segundo lle convén, como sempre. Iso de dereito a información veraz non entra nas súas obrigas.

2 Tiago

Me da igual. Como si con el bipartito fuesen objetivos. Para mearse de risa. Este tipo de calamidades solo se resuelven cerrando la Telegaita de una puñetera vez. El que quiera verla, que la pague.

1 Darín

Más razón que un santo: eso es lo que consigue ese comité de empresa de crtvg. Ni un solo scrache, ni uno, por los doscientos empleos que se fueron por el desagüe con los códigos y la falsa oposición que montaron para largar a la gente. Ahí no movieron un dedo. Pero se dedican a matarse entre ellos denunciando que sus propios informativos son una basura manipulada. Al final quedarán dos liberados jugando a las cartas en San Marcos. Ahorro total.

2 Lavense

No, en realidad hay que cerrar la cadena de informativos de cadenas de televisión, periódicos y radio, manipulados hasta por la corruptela de la mafia cubana. Ponerlos a pagar por cada mentira que han soltado por esas boquitas ( sin rectificar públicamente) y leer las noticias locales en los periódicos digitales de Inglaterra o Rusia. Da vergüenza vivir en un estado (España) que no es capaz de afrontar un movimiento independentista sino con comportamientos delictivos y tergiversaciones informativas a diario. Mientras Aznar los necesitaba para gobernar por primera vez no parecían tan corruptos en CIU...tampoco se les investigaba como ahora. En resumen, España arruina lo que toca y ahora le toca a la RTVG.

1 Benchosei

Os traballadores?? Seriedade. Nesa foto saen 10. Entre eles, aplaudindo, de dereita a esquerda, Fernando Girón: editor do telexornal no bipartito; Juan Manuel García, redactor xefe co bipartito, antes do PSdeG e ahora de Podemos, que el mesmo publica as fotos cuando vai de mitin co sombreiro de Podemos, sen reparo; Dulce García, editora do telexornal de mediodía no bipartito e Susi Quintana, directora do telexornal mediodía no bipartito. Traballadores? Esta é xente cun perfil político moi concreto facendo campaña electoral á desesperada, con macarrismo e modos de matón.

1 Malchosei

Que ben fichados os tes. Agora so falta que te presentes ti. Nome e cargo o perfil politico moi concreto e os modos xa os imaxinamos

2 Benchosei

Para malchosei: Busca outro nick, pensa un pouco. Respecto dos nomeados, que lle pidan explicacións a quen lles fixo a foto e a cedeu. Non sei se é legar facer fotos nin centro de traballo. E identificaronse eles sós aplaudindo o escrache.

3 euoseimellor

benchosei hai moitos máis vídeos onde se ve a moita máis xente. Os teus argumentos non sirven para xustificar a manipulación informativa. Acaso pensas entón que non é manipulación? Fala claro en vez dar aquí nomes e apelidos mentres nós non sabemos a túa identidade.

4 SantoMarcos

Canto gañan os que saen na foto por non facer nada, agás protestar? 2.500 euros netos por mes, por 15 pagas, con 5 horas de xornada diarias e mes e medio de vacacións anuais. Igual que os compañeiros dos medios privados, he,he. A culpa é do PP por tolerar esta discriminación.

5 Tamenchosei

Ben se sabe da Cor da pel do diaňo, inda que te escondas baixo un nick o cheiro a azufre delatate

6 Bencho_dean

Meu Deus! así que estes burras e maulas de periodistas PPSOEIROS que puñan hai pouco que só había 54.000 parados máis, cando eran 540.000; os que falaban de baleas de 130.000 toneladas, os que dixeron que había 40 persoas colgando dun "folicular"....gañan tanto?......E vos non protestabades? Ai , pero claro, como protestan os que o fixeron MOITÍSIMO MELLOR que estes vendidos que hai agora na RTVG, imos a decirlles que calen porque gañan o mesmo que as burras PPSOEIRAS e se lles paga para que calen. Seguide decindo cousiñas, que me mexo da risa cos que benchosaben