Idilio entre La Voz de Galicia e a UPG?

Francisco Rodríguez ou Pilar García Negro publican destacados artigos de opinión no xornal de Santiago Rey.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez, un dos dirixentes históricos da UPG, é, agora, articulista de La Voz de Galicia, un xornal ao que durante anos demonizou e criticou duramente por ser “españolista” e soporte das políticas da dereita galega.  Pero non só el, tamén outra das históricas da UPG e do BNG, Pilar García Negro, tamén escribiu outro artigo de opinión no mesmo xornal. Os dous con tres días de diferencia.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Que pasa para que o xornal de Santiago Rey lle dea, agora, tanta relevancia ao BNG, xustamente agora que se atopa nun dos seus peores momentos históricos?. O certo é que este idilio comezou xa hai algún tempo, con varios artigos laudatorios de Xosé Carlos Caneiro no que destacaba a importancia do Bloque para a política galega e da súa nova líder, Ana Pontón.

“La Voz parece agora o Terra e Tempo –órgano de difusión da UPG--”, apuntaba a este medio un histórico dirixente nacionalista. E é que nos últimos tempos, a relación entre o Bloque e La Voz é moi estreita. Unha relación que, curiosamente, se cimentou mentres as mareas obtiñan éxitos electorais e o BNG colleitaba retrocesos.

“O certo é que esa política non lle axuda en absoluto ao Bloque. Tentar mimar ao BNG e atacar ás mareas para xerar división non lles funciona. Os votantes tradicionais do nacionalismo son anti-Voz, sempre o foron, e este vínculo non axuda a que sexan percibidos como unha alternativa”, asegura outro histórico do nacionalismo galego.

De feito, nos dous artigos publicados tanto por Pilar García Negro como por Francisco Rodríguez, incídese nesa posición; o inimigo xa non é a dereita, como sempre foi, senón as mareas, Podemos e Anova.

En “O nacionalismo galego existe... e persiste”, Pilar García Negro, suliña que “o debate sobre o nacionalismo galego e, en concreto, sobre o BNG, está cheo, no meu xuízo, de atentados contra a lóxica. Adiantando a conclusión, direi que se decreta que o nacionalismo galego xa non é alí onde existe -o BNG- e, asemade, afírmase que existe onde, desde o comezo, xa se renunciou a el, por alianza-subordinación a forzas políticas españolas de obediencia estatal. A curto prazo, familiarizar a povoación con esta fabricación intereseira cumpre unha dupla función: contribuír a desgastar o BNG e sobredimensionar o pretenso ingrediente «nacionalista» de Podemos-IU-Mareas para neutralizar o nacionalismo onde realmente existe -BNG- e, ao tempo, rebaixar as expectativas eleitorais da coaligación, que xa cumpriu a súa función: lañar o espazo do nacionalismo basco, do catalán e do galego, por suposto, con características e consecuencias moi diferentes.

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, conclúe no seu artigo “Necesita Galiza o nacionalismo?, “o que non se pode esperar é que a nosa redención sexa incentivada polos que, como moito, consideran que somos un apéndice da política española, e que nunca debemos deixar de selo. Negar esta vía como real non significa indisposición a estabelecer acordos tácticos con forzas políticas estatais en función de obxectivos compartidos, xa para gobernar, xa para reivindicar, pero desde a capacidade de enuncialos e decidir desde a nosa perspectiva, a dun pobo que existe e a dunha realidade diferente? Existe un sector convencido, por motivos de fondo e por constatación do que acontece, de a Galiza, o pobo galego, teren a súa única esperanza real, xustamente na vía que, nestes momentos, se resiste a probar, a dela propia? O nacionalismo, como o país, está nunha situación crítica e delicada. Porén, coido que hai capacidade para enfrontala e vontade para superala. É unha necesidade do pobo galego”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

25 ted flanders

Este é outro contubernio marxista masónico propiciado polo entendimento entre o doctor maligno e a upg para traer outros mil anos de inverno para Galiza........Moi bó, moi bó....si e que cando o beiras non ten nada que facer co rabo mata moscas!

24 fish'nkk

Cando despiden falan coas direcións dos xornais para que non se diga todo. Ben que o teñen feito, sobre todo en certas situacións nas que o partido vende conflitos que leva coa cig e despide traballadores dentro.

23 Que manía

Pilar García Negro leva ben tempo indo ao programa de Vía V. Cal é a sorpresa entón de que escriba no xornal? Se se orientasen as forzas que se perden en atacarse mutuamente contra quen tiñamos que atacar, era moito mellor. A UPG tivo que facer bo dano para tanto odio desmesurado.

22 A pureza do BNG

"Menos xestión e mais Bases Constitucionais da Nación Galega", esta frase foi pronunciada como reprimenda polo dirixente do "unto" a un grupo de concelleiros do BNG que segundo a cúpula da organización tomaran camiños revisionistas, Pois ben, as súas críticas á xestión e o seu antiespañolismo veu abaixo na primeira oportunidade que tiveron en tomar cacho de poder conformando o bipartidismo, sen facer noxos que o seu socio fose españolista e o artifice r do desmantelamento dos sectores produtivos do país ( naval, agrario, pesqueiro, etc) .As incongruencias do BNG son tan antigas como a súa existencia e o seu ideario político tan rancio como os seus dirixentes na sombra. -BNG nunca mais-

21 Bufffff

La Voz é un medio progre, por sorte non antisistema. Quixeron facer como Planeta, coa Secta e La Razón. Para min que se lles foi a man na sobreactuación de radicaloides e sectarios na tele. Aínda lembro como exemplo desa sobreactuación sectaria á presentadora dun debate da noite que supoño que seguirá habendo. Era falarlle da iglesia ou poder ir de laicista megamoderna e se emocionaba. Alí estaba de contertulio Martiño Noriega, se entrevistou e enalteceu a Pablo Iglesias, Errejón, Monedero, un gurú económico de Podemos que ía de divo (desagradable, borde), etc. Foiselles a man e están enmendando.