Convocan a unha manifestación independentista o 25 de xullo

A mobilización, impulsada por persoas individuais, partirá da Alameda de Santiago ás 12.30.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Diferentes persoas a título persoal, aínda que ligadas a colectivos independentistas, convocan a unha mobilización para o vindeiro 25 de xullo baixo o lema 'Pola independencia nacional. Contra a repressom e polas liberdades democráticas plenas'.

Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo
Presentación da marcha independentista para o 25 de xullo

Esta manifestación sairá da Alameda de Compostela a partir das 12.30 horas e rematará na Praza do Toural. A convocatoria desta mobilización xa se fixo pública o pasado sábado 2 de xullo nunha presentación celebrada no mosteiro de San Martiño Pinario na que se presentaron os obxectivos políticos desta protesta.

"É tempo de pormo-nos em pé. É tempo de afirmarmos sem ambigüidades e com contundência que Espanha é a ruína da Galiza, que o Estado espanhol nom é reformável e que só rompendo amarras com Espanha, dum modo unilateral, o nosso país poderá alcançar algum dia um futuro digno e livre. O colonialismo espanhol é o primeiro inimigo a derrotar se queremos viver numha naçom que ofereça condiçons de vida digna às suas mulheres e os seus homes", recolle este manifesto no que se di que a vía automista pola que apostaron outras organizacións nacionalistas "está xa esgotada".

Nesa presentación tamén se acordou que nos días que quedan ata o 25 de xullo se celebren asembleas abertas en todas as comarcas do país para organizar unha intensa campaña propagandística que anime a participar nesta mobilización independentista. Este é o vídeo dese acto:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ana

Nin PPSOE, nin Podemos. nin Ciudadanos van traer ningún cambio pq son mais do mesmo. So o nacionalismo galego pode traer o cambio real, o cambio que garanta a soberanía dos pobos fronte a poderes económicos globalistas. O cambio que permita abrir un proceso constituinte para unha republica galega (si, republica, deixemos de ser súbditos) dentro dunha Confederación Ibérica. O cambio que poña fin aos recortes e aposte pola inversión publica na económica para crear emprego e garantir dereitos sociais. O cambio de de solución ao problema da debeda publica mediante unha auditoria e negarse a pagar a parte ilexitima. O cambio que nos saque do euro para crear unha Confederación Iberica con moeda propia o ben que cambie a actual UE.

1 Ana

Paro, emigración, problemas demográficos, sectores económicos en crise, sin banca publica galega, sin tarifa electrica galega ( a pesar de ser productores), salarios e pensions baixas, a lingua propia sin presenza en moitos ámbitos... ¿que mais ten que pasar para que os galegos reaccionen?. E ainda por riba da pena ver forzas que se din nacionalistas (Anova) da man de partidos españolistas nos cales os intereses galegos contan ben pouco. Galiza que foi un dos reinos mais importantes da peninsula iberica e donde naceu unha lingua falada por millones de persoas no mundo, lingua falada por reis sabios, poetas ou o descubridor do novo mundo. Confluencia de todo o nacionalismo galego XA!.