SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2016 | Actualizada ás 19:02 por EUROPA PRESS
Acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais é o obxectivo do convenio que asinarán proximamente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster TIC de Galicia e o Clúste4r Audiovisual Galego (CLAG).
O acordo, aprobado este xoves no Consello da Xunta, conta cun presuposto conxunto ata 2017 de 300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola Amtega e o importe restante por ambos os dous clúster.
Baixo a denominación de 'Viraxe TIC', o programa abrangue tres liñas de actuación: a análise das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración de foros de intercambio e 'networking' entre o sector TIC e o audiovisual, e a prestación de servizos de asesoramento.
Porá en marcha servizos de apoio e asesoramento para "facilitar" o desenvolvemento de "grandes proxectos innovadores conxuntos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.