Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/07/2016 | Actualizada ás 10:40
Manuel Seijo, un dos despedidos no ERE da fábrica de armas da Coruña en 2013, foi, finalmente, o gañador da estancia de fin de semana para dúas persoas no Hotel Casa Grande Seixo, un establecemento de Turismo Rural de Chaves.
El, xunto con outros moitos lectores de GC, participaron nun concurso realizado a través das conta de Twitter e Facebook do GC sobre a historia da Gallaecia. Os participantes neste concurso debían adiviñar as respostas as sete preguntas que este medio fixo durante unha semana. Finalmente, dos participantes que conseguiron acertar todo, foi seleccionado Manuel Seijo.
Este lector participou este mércores na Coruña na entrega simbólica do premio en compaña do director de GC, Xurxo Salgado, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, a xerente de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud, e representantes da cidade de Chaves. O acto tivo lugar no museo sobre os mundo da comunicación de El Ideal Gallego, na Coruña.
Manuel Seijo poderá gozar da fin de semana, con almorzo incluído, no Hotel Casa Grande Seixo, moi preto da cidade de Chaves. Esta estancia está ofrecida pola AECT Eurocidade Chaves-Verín en colaboración con Galicia Confidencial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.