Vixilantes denuncian que Segur Ibérica débelles 60.000 euros tras deixar as instalacións da Axencia Tributaria

A Federación de Traballadores de Seguridade do sindicato USO denunciou este mércores que as empresa Segur Ibérica "abandona o servizo" nas instalacións da Axencia Tributaria de toda Galicia "deixando unha débeda de máis de 60.000 euros cos vixilantes".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Federación de Traballadores de Seguridade do sindicato USO denunciou este mércores que as empresa Segur Ibérica "abandona o servizo" nas instalacións da Axencia Tributaria de toda Galicia "deixando unha débeda de máis de 60.000 euros cos vixilantes".

En concreto, sinala que a empresa finalizou este mes o seu contrato de seguridade coa Axencia Tributaria na que prestaba servizo sen aboar os 60.000 euros que debe aos traballadores.

"Esta denuncia é unha máis das que acumula esta compañía de seguridade en toda a Comunidade de Galicia en servizos como o aeroporto de Lavacolla, ADIF, AEAT, Gadisa ou Unemsa, nos que USO leva interposto demandas que suman máis de 200.000 euros de débeda cos traballadores", censura nun comunicado FTSP-USO Galicia.

Ante isto, os representantes dos traballadores solicitarán a mediación dos clientes para resolver este conflito, xa que eles "cumpren co abono da facturación a Segur Ibérica, pero en cambio, a empresa adxudicataria non cumpre coa lexislación vixente en materia de salarios".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta