Luís Villares gaña apoios para liderar a marea nas eleccións galegas

O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2016 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Por exemplo, hoxe Esquerda Unida deulle un apoio inequívoco. A líder Yolanda Díaz declarou que o voceiro de Jueces para la Democracia en Galicia “vai ser o capitan dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva”.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

A deputada argumenta que Villares “representa ao cambio”, ten un perfil “profesional” e unha traxectoria que esixe darlle as “grazas” se acepta finalmente concurrir ás primarias.

As palabras de apoio de Díaz son as máis nidias, pero ningún dos axentes que colaboran na confluencia cuestionou publicamente este nome, e leva meses sonando nos ruxe-ruxes sobre o cabeza de cartel.

Onte mesmo, Antón Sánchez, un dos voceiros de ANOVA, gababa o seu perfil. Iso si, o deputado sinalou que “está por ver” como se concretan as primarias. Nun sentido similar pronunciouse o alcalde de Santiago, tamén militante de ANOVA. Martiño Noriega destacou que o xuíz ten “moito prestixio” pero de seguido indicou que hai outras persoas que tamén o teñen. Dende as mareas locais, Xulio Ferreiro dixo que lle parecería “estupendo” que se presentase ás primarias, posibilidade que se mantivo no aire até hoxe, cando Podemos votou sumarse á confluencia. Segundo varios medios, Villares non se quería presentar se Podemos se presentaba só.

Agora está por ver se o nome de Villares suscita o apoio no partido morado. Os 6.000 sufraxios emitidos na votación podemita sobre a confluencia indican que o peso desta formación pode ser determinante nas primarias de En Marea. 

Biografía de Luís Villares

Villares é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e xuíz de carreira dende 2005. Chegou a maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

27 Boleiro

Un gran tipo e unha gran cabeza pensante. Agora, a ver o encaixe...

26 Antolín o dos cubatas

Leo o artigo e non encontró xustificación do titular de Galicia Confidencial. A única que se manifestou por Luís Villares como candidato á Xunta foi Yolanda Díaz. O resto so falan de que se presente ás primarias abertas como un máis

25 Ana

outro pirolo máis

24 Son comunista

Un bo programa que tería que asumir calquera candidato para chamarse de esquerdas podería ser: 1) Confiscación de todas as terras que non estivesen en mans dos labregos. 2) Cancelación de todas as débedas do proletariado, incluidas as explotacións leiteiras. 3) Estatalización de todas as industrias, banca e compañías aéreas. 4) Liberación dos pobos oprimidos (Catalunya, Euzkadi e Galiza). 5) Supresión da Garda Civil e Policía Nacional. 6) Entrega de armas ao pobo. 7) Supresión do Exército. 8) Alianza fraternal con Cuba, Venezuela, Bolivia e Corea.

1 Gamela

e como non estabas hoxe no Pico Sacro ? (brincadeira)

2 Ana

eso, eso... e gulags para os funcionarios

23 Pugnaz

Temas como este sólo pueden tratarse en serio desde una base de partida, que el candidato acepte la existencia de una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales, pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional dentro del amplio marco que ofrece la Constitución, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas con una claro cariz político, segregacionista y pugnaz, que es lo que parece pretender el grupo al que pertenece este candidato, aún in pectore.

1 Xan

Rompíchesnos a cachola. Anda vai botar unha "siesta" española

2 GaliciaPilingui

HAHAHAHA Anda vai votar polo boneco diabólico da Glory Lake. Si home, o monicreque ventrílocuo da serpe bífida, que ides levar un carallazo aínda maior que nas xerais. Sorte co betadine.