Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/10/2006 | Actualizada ás 19:22
Esta operación, da que tamén é coñeceder o seu mentor, amigo e aínda deputado popular, Xosé Cuiña, aínda non está pechada e podería ter sido afectada pola imputación nun delito urbanístico do actual rexedor, o tamén popular Antonio Feliciano Fernández Rocha.
Este medio puido coñecer de xente do seu entorno que 'Pipo' pediu a baixa do PP "farto da prepotencia que a actual dirección amosa con históricos membros e dirixientes do partido". Ademáis, sinalan que "se apartou" ou "xa non se conta para nada" con ex conselleiros e ex dirixentes do partido, "moitos deles no Parlamento".
Segundo puidemos saber, no PP son coñecedores das operacións do ex conselleiro de Política Agroalimentaria, pero están convencidos que "non vai chegar a nada". Nos últimos días a redacción deste xornal recibiu un correo lembrando as vinculación do propio Diz Guedes coas tramas urbanísticas de Tui.
Neste e-mail sinalan que:
"Toda a tramitación do PXOU de Tui desde 1992 ata a súa aprobación definitiva pola Xunta o 7-10-1994, se realiza mentres o Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes compatibiliza a presidencia do Comité Local do PP de Tui (1989-1995) e as funcións de asesor do Sr. Cuíña (1991-1993) e Conselleiro de Xuztiza (1993-1996)".
Ademáis, lembra que Diz Guedes, por si mesmo ou como membro da mercantil DIZGUE S.L foi un dos beneficiados pola construcción dun edificio de 36 vivendas e baixos comerciais nun solar da súa propiedade.
Tamén se di que "a trama urdida polas autoridades municipais enganaron de xeito manifesto á entón Xefa da Área Urbana do Catastro en Pontevedra, Pilar Rojo" xa que lle facilitaron información urbanística "inveraz" e provocou que a ex conselleira de Familia "redactara unha ponencia de valores catastrais de 1995 con documentos oficiais manipulados". Unhas denuncias que tamén coinciden con acusacións formuladas polo PSOE hai uns anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.