A Xunta contrata a loxística das eleccións a un grupo creado por ex-altos cargos da propia Xunta

Os que foron directores xerais do IGAPE e de Informática da Xunta fundaron Netaccede, matriz da empresa que, grazas a un procedemento negociado sen publicidade, levará a web e o teléfono das eleccións.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 26/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de resolver un dos contratos para as eleccións autonómicas. A gañadora do concurso para “servizo de asesoramento na planificación, organización, execución e control do proceso electoral, operativo dos representantes da Administración nos colexios electorais, xestión e control de incidencia, páxina WEB electoral, teléfono do elector e outras actividades organizativas necesarias para a celebración das eleccións” é Contacnova SL.

Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.es

O administrador único desta Contacnova é Netaccede, empresa fundada en 2000 por, entre outros, varios altos cargos da Xunta na era Fraga. Segundo publicou La Voz, na creación de Netaccede participaron o ex director xeral do Igape Diego Ramón Diz Fernández e o ex director xeral de Informática da Xunta, José María Matas.

A Consellería de Presidencia adxudicou o contrato mediante o procedemento negociado sen publicidade. É dicir, sen publicar uns pregos para que se puidesen presentarse todas as empresas. Polo contrario, o Goberno pediu prezo só a determinadas sociedades. En concreto, a catro: SACE, SCYTL e Deloitte. Unicamente a gañadora e a multinacional Deloitte presentaron ofertas. 

En definitiva, a Xunta gobernada polo PP contrata restrinxindo a competencia a un grupo empresarial que foi fundado no seu día por persoas da propia cúpula doutro goberno do PP. 

Segundo o Rexistro Mercantil, o responsábel do IGAPE Diego Ramón Diz Fernández foi o presidente de Netaccede até 2012, cando faleceu con 72 anos de idade.  A súa esposa foi conselleira da consultora até o ano pasado. O avogado coruñés foi o responsábel do IGAPE durante máis de catro anos no fraguismo e posteriormente a Xunta nomeouno presidente do CIS (Centro de Innovación e Servizos ) de Ferrol entre 2003 e 2005, até que se xubilou.

O grupo vigués Netaccede, tamén coñecido como Netglobal, é un dos principais operadores de centros de chamadas en Galicia.  Previamente a este contrato, en 2014, Luisa Lores, membro da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, denunciou que “la Xunta de Feijóo cede el teléfono de cita previa en Atención Primaria y el teléfono informativo 012  al fondo de inversión Netaccede, constituido por exaltos cargos del gobierno gallego”. Manuel Marín, portavoz da citada asociacioń, publicou que o presidente de Netaccede “ o exdirectivo de Deloitte Marcelino Otero, ata fai pouco presidente do Club Financeiro de Vigo”. 

A filial de Netaccede cobrará polas eleccións case 280.000 euros, o que supón unha rebaixa dun 43% respecto aos 413.000 que estaba disposto a pagar o goberno. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Estes pepeiros

Que cousas urden http://www.cousasdeimeneo.net/cando...

1 Comunista

Moi mal andan os trolls a soldo do BnG. Os Imeneos facéndose autopromoción polos foros alleos, os Benitos Troleada Bloqueira encomendándose a San Eduardo (Inda) e os que parasitan GC metendo ligazóns de LVG todo o día. É así: Se o barco afunde, os seus trolls tamén.

2 Blufff

Oes, comunista...e, aparte do BNG, ti de qué vives, langrán? Qué facemos cos gandeiros arruinados? Qué facemos para sacar a p ta Pemex do seitor naval e volver a producir en Barreras? Apoias a banca pública galega? Qué che parece o da AP9? Cómo facemos con Albedro, Peinador e Sigüeiro? Cómo facemos co idioma galego? És "TONTO" ou che pica o cuiño? Preguntas para escomezar...logo se queres falamos mais polo miudo, troll PPSOEIRO.

1 viaje@itaca

¿Cal é a función da Xunta? ¿Gobernar Galicia? ¡Non, home, non! Enriquecer aos amigos.