Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/07/2009 | Actualizada ás 19:06
Extinción de incendios forestais mediante lanzamento de auga, con ou sen retardantes
(polifosfatos ou espumantes), segundo dispoña o director de extinción.
Vixilancia activa, cando así o dispoña a Consellería, das zonas forestais co fin de
detectar os lumes, informar de súas características e lanzar o primeiro ataque se se
considera necesario.
Equipamento das bases operativas para a realización do servizo.
As aeronaves contratadas quedarán a plena e exclusiva disposición da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a súa aplicabilidade nas citadas misións, ou calquera outra relacionada e que esta dispoña, sempre de acordo coas prestacións técnicas da aeronave.
A Xunta contratará nove aeronaves para a campaña de verán deste ano, de xuño a outubro, aínda que a sua operatividade non será total dado o avanzado da campaña. No ano vindeiro contratará tres aeronaves (con posibilidade de aumentar a cinco) de xaneiro a xuño e seis na campaña de verán, de xuño a outubro. No 2011 serán tres avións na precampaña de incendios ente febreiro e maio.
O prego deste concurso tamén regula as condiccións do personal contratado. Así, e logo das polémicas dos últimos anos sobre as tripulacións estranxeiras destas aeronaves (principalmente persoal dos países do Este), a Xunta esixe que os pilotos estén autorizados a traballar por Aviación Civil e dominen o español. O personal de terra encargado do mantemento e da recollida de auga pode non saber o español, aínda que é recomendable. Sen embargo, os emisoristas deberán saber español e galego.
**************************
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DUN SERVIZO
DE NOVE (9) AVIÓNS DE CARGA EN TERRA CON DESTINO Á PREVENCIÓN E
EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2009, 2010 e 2011,
PROPOSTA 001/09-I
1. OBXECTO DO PRESENTE PREGO.
O obxecto do presente prego é establecer as condicións que rexerán na contratación, por parte
da Consellería do Medio Rural (en adiante, Consellería), dun servizo de nove (9) avións de
carga en terra destinados á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos
2009, 2010 e 2011, mediante concurso público aberto, tramitación anticipada de gasto e
procedemento ordinario.
As misións a desenvolver por dito servizo son as seguintes:
Extinción de incendios forestais mediante lanzamento de auga, con ou sen retardantes
(polifosfatos ou espumantes), segundo dispoña o director de extinción.
Vixilancia activa, cando así o dispoña a Consellería, das zonas forestais co fin de
detectar os lumes, informar de súas características e lanzar o primeiro ataque se se
considera necesario.
Equipamento das bases operativas para a realización do servizo.
As aeronaves contratadas quedarán a plena e exclusiva disposición da Consellería do Medio
Rural da Xunta de Galicia para a súa aplicabilidade nas citadas misións, ou calquera outra
relacionada e que esta dispoña, sempre de acordo coas prestacións técnicas da aeronave.
2. DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO.
Servizo a contratar
O servizo a contratar estará constituído por nove (9) avións de carga en terra cunha duración
total do contrato de vinte e catro (24) meses desde a data de sinatura. Dentro do período de
duración do contrato realizaranse os seguintes servizos:
???? Ano 2009:
???? Nove (9) aeronaves durante tres (3) meses na campaña de verán entre os meses
de xuño e outubro.
???? Ano 2010:
???? Tres (3) aeronaves durante seis (6) meses con dúas incorporacións.
???? Precampaña 2010: constituída por un período mínimo de dous (2) meses
consecutivos, entre febreiro e maio.
2
???? Campaña 2010: constituída por un período mínimo de tres (3) meses ata
completar os seis (6) meses de servizo no ano, coincidindo cos meses de verán,
entre xuño e outubro.
???? Seis (6) aeronaves durante tres (3) meses na campaña de verán entre os meses de
xuño e outubro.
???? Ano 2011
???? Tres (3) aeronaves durante tres (3) meses na precampaña de incendios entre os
meses de febreiro e maio.
Dito servizo comprenderá un total de setenta e dous (72) meses de dispoñibilidade entre todas
as aeronaves e un total de dúas mil novecentas vinte (2920) horas e nove (9) minutos
previstas de voo.
En todos os casos, a data de incorporación e inicio da prestación do servizo será determinada
pola Consellería, segundo as condicións meteorolóxicas e o número de incendios forestais
existentes. Dita data será comunicada á empresa adxudicataria cun mínimo de sete (7) días de
antelación.
Designarase unha ou dúas bases de encontro onde deberán chegar os aparatos contratados
como mínimo un día antes da data de comezo comunicada pola Consellería do Medio Rural, co
fin de instalarlles o seguimento de móbiles.
Área xeográfica de actuación
A área xeográfica de actuación será todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Porén, cando as circunstancias e a Consellería o estimen necesario, este área poderá ser
ampliada a comunidades autónomas ou estados limítrofes.
Situación xeográfica das aeronaves
As aeronaves estarán asignadas, preferentemente, a algún dos aeródromos existentes na
Comunidade Autónoma de Galicia e dependentes da Consellería.
A Consellería determinará a distribución das aeronaves cunha antelación mínima de sete (7)
días antes do inicio da prestación de servizos. Dita distribución poderá ser modificada durante
a prestación do servizo en función das necesidades existentes cunha antelación mínima de 24
horas.
As empresas licitadoras poderán consultar información relativa ao estado e situación das bases
na Subdirección Xeral de Defensa contra os Incendios Forestais da Consellería.
3. DESCRIPCIÓN E CARACTERÍSTICAS DAS AERONAVES
Características
Non se admitirán aeronaves con antigüidade anterior a 1987.
3
Presentarán as seguintes características:
Monomotor.
Potencia mínima de novecentos sesenta (960) C.V.
Velocidade de cruceiro mínima de cento noventa (194) Km/h.
Autonomía mínima de catro horas (04:00) de voo.
Hélice cun mínimo de catro (4) palas.
Peso máximo ao despegue igual ou superior a cinco mil trescentos (5300) quilogramos.
Carreira máxima de despegue de oitocentos cincuenta (850) m.
Despegue e aterraxe en terreo cuberto de herba e/ou terra.
Capacidade de carga útil mínima igual ou superior a dous mil douscentos (2200)
quilogramos.
Capacidade do depósito de auga igual ou superior a dous mil cincocentos (2500) litros.
Capacidade mínima de tripulación un (1) piloto.
Presentadas as ofertas dos avións definidos neste apartado, a Consellería poderá realizar unha
proba do material ofrecido, no mesmo lugar e data para todos ofertantes, co fin de comprobar
a idoneidade da aeronave para o traballo ao que pode ser destinada.
Equipamento complementario
Ademais do equipo propio, cada un dos avións deberá contar con:
Sistema de aireación na cabina.
Equipo de radio baliza.
Mapas da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes á Cartografía Militar de
España, serie 5L, escala 1:250.000. A división da folla en cuadrículas será
proporcionada polo S.P.D.C.I.F. antes do inicio do período de prestación de servizos.
Sistemas de comunicación
Todas as aeronaves contarán con equipos emisores-receptores de radio, de tipo base, dotados
coas seguintes bandas:
Bandas aéreas: Contarán, como mínimo, con unha unidade, de tipo VHF-AM, de 118 a
135 MHz, canalizados a 25 KHz.
Bandas terrestres: Contarán, como mínimo, con unha unidade, de tipo VHF-FM, de 75 a
90 MHz, canalizados a 12,5 KHz.
En ambos casos, o acceso ás bandas de radio realizarase a través de auriculares e micrófono
integrado nos cascos de protección contra o ruído.
A empresa adxudicataria estará obrigada a gravar as canles e frecuencias que lle sexan
proporcionados pola Consellería antes do inicio do período de prestación de servizos nos
equipos emisores-receptores, e calquera modificación que neste senso se produza durante o
desenrolo do mesmo.
4
Os equipos de banda VHF-FM estarán dotados de escáner, poderán empregar frecuencias
subtonadas e codificación, e terán capacidade suficiente para almacenar polo menos noventa
(90) canles na súa memoria e dez (10) na do seu escáner. Empregarán coma canle prioritario
o da provincia na que se atope a súa base, e gravarán na memoria do escáner as canles das
provincias restantes.
Sistemas de posicionamento e navegación
Contarán con sistema GPS de posición e navegación vía satélite mediante coordenadas
xeográficas e UTM, e capacidade suficiente para almacenar como mínimo seiscentos (600)
puntos xeográficos, correspondentes á situación de bases aéreas, puntos de carga, etc.
A empresa adxudicataria estará obrigada a introducir ditos puntos, que serán proporcionados
pola Consellería antes do inicio do período de prestación de servizos.
Sistemas de seguimento de móbiles
A empresa adxudicataria estará obrigada a permitir á instalación nas aeronaves dun sistema
de seguimento de móbiles, equipado con terminais GSM/GPRS e GPS, para o envío automático
de datos de posición (identificador, latitude, lonxitude, altitude, velocidade, etc) aos centros de
coordinación centrais e provinciais. Será responsabilidade da empresa obter a validación de
dito equipo pola "Dirección General de Aviación Civil" (en adiante, D.G.A.C.).
Identificación
Todas as aeronaves deberán levar nun lugar ben visible o anagrama representativo da
Consellería do Medio Rural, de tamaño axeitado para que poda ser visto durante o voo.
Para facilitar a coordinación aérea, a empresa adxudicataria numerará consecutivamente cada
aeronave na parte inferior e superior de cada ala con adhesivos de tamaño axeitado para que
poda ser identificada tanto dende terra nas descargas como dende o aire.
A Consellería poderá instalar outros adhesivos en cada lateral e na parte inferior de cada
aeronave para facilitar o recoñecemento das aeronaves nos traballos de extinción.
O rótulo da empresa adxudicataria do servizo deberá ser dun tamaño inferior á cuarta parte do
rótulo da Consellería, e a súa exhibición deberá ser aprobada, previa petición, por dita
Consellería.
Mantemento, reparacións e avarías
As operacións de revisión e reparación das aeronaves non se realizarán en ningún caso dentro
da xornada de traballo, senón que serán realizadas entre o fin e o inicio da xornada de traballo
para non resentir a operatividade das mesmas. Porén, as operacións de limpeza e pequenas
revisións poderán ser realizadas nos tempos de descanso entre voos, sempre que non se vexa
incrementado o tempo de saída fixado.
En caso de imposibilidade de realizar as operacións anteriormente indicadas durante as horas
sinaladas ou na base asignada, a empresa adxudicataria deberá comunicar á Consellería este
feito por escrito ou mediante fax cunha antelación mínima de corenta e oito (48) horas.
Substituirá a aeronave por outra do mesmo modelo e similares ou superiores prestacións, de
xeito que non se resinta a operatividade do servizo.
5
En caso de se producir algunha avaría grave que provoque a inoperatividade da aeronave e
faga necesaria a súa substitución, a empresa adxudicataria deberá comunicar inmediatamente
este feito á Consellería por escrito ou mediante fax. Disporá dun prazo máximo de corenta e
oito (48) horas para substituír a aeronave avariada, ser prexuízo das penalidades recollidas no
prego de cláusulas administrativas.
O taller de mantemento proporcionado pola empresa adxudicataria deberá estar autorizado
pola Dirección Xeral de Aviación Civil como Centro de Mantemento ou Parte 145.
Aeronaves de substitución
As aeronaves de substitución presentarán características similares ou superiores ás ofertadas
na licitación, sendo preferible que sexan do mesmo modelo que estas.
A aeronave de substitución a empregar en primeiro lugar será a ofertada na licitación. De non
ser posible, a empresa adxudicataria enviará a documentación acreditativa da nova aeronave.
A empresa adxudicataria non poderá efectuar substitucións das aeronaves sen coñecemento
nin aceptación previa da Consellería.
4. DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO PERSOAL DE VOO
Características
Cada aeronave deberá contar cunha tripulación formada, como mínimo, por un piloto.
A empresa adxudicataria deberá contar con tripulacións cualificadas, que dispoñan das
licencias en vigor necesarias para realizar a súa función. Os pilotos das aeronaves deberán
contar cunha experiencia mínima acreditable de:
Mil (1.000) horas de voo.
Cincocentas (500) horas de voo coma comandante de aeronave.
Cen (100) horas de voo en campañas de defensa contra incendios forestais.
As empresas licitadoras deberán incluír nas súas ofertas un listado coas tripulacións propostas,
tanto as titulares coma a de reserva se as houbese, especificando número e tipo de licencias,
horas de voo acreditables, así coma outros datos que estimen de interese, para cada un dos
pilotos.
O persoal de voo contará con vestiario de seguridade, formado por mono e casco homologado,
que será de uso obrigatorio.
Persoal estranxeiro
Os pilotos estranxeiros deberán estar autorizados por Aviación Civil para realizar a prestación
de servizos e deberán dominar a lingua española.
Substitucións do persoal de voo.
A empresa adxudicataria non poderá efectuar substitucións dos pilotos sen coñecemento nin
aceptación previa da Consellería.
6
En caso de substitución necesaria, esta deberá ser comunicada á Consellería cunha antelación
mínima de corenta e oito (48) horas, mediante un fax no que consten os nomes do piloto a
substituír e do piloto a incorporar, xunto coa documentación acreditativa e a data de
incorporación deste último.
5. DESCRICIÓNS E CARACTERÍSTICAS DO PERSOAL DE TERRA.
Características do persoal de terra
O persoal de terra estará constituído polo persoal encargado do mantemento das aeronaves,
os emisoristas, os encargados da carga de auga nas aeronaves e calquera outro persoal
necesario para o desenvolvemento do servizo ao que se refire este prego.
A empresa adxudicataria contará con persoal de terra autorizado pola D.G.A.C., en número tal
que permita que as aeronaves se atopen sempre operativas dentro da xornada de traballo.
As empresas licitadoras deberán incluír nas súas ofertas un listado co persoal de terra
proposto, especificando número, nomes e tipo de licencias, así coma outros datos que estimen
de interese. Deberán incluír tamén os datos do persoal de terra extra de substitución.
Persoal estranxeiro
O persoal de terra encargado do mantemento das aeronaves e o encargado da carga de auga
non estará obrigado a dominar a lingua española. Porén, se recomendará o seu coñecemento.
O persoal en funcións de emisorista dominará a lingua galega e o castelán.
Substitución do persoal de terra
A empresa adxudicataria non poderá efectuar substitucións do persoal de terra sen
coñecemento nin aceptación previa da Consellería.
En caso de substitución necesaria, esta deberá ser comunicada á Consellería cunha antelación
mínima de corenta e oito (48) horas, mediante un fax no que consten os nomes do
traballadores a substituír e a incorporar, xunto coa documentación acreditativa e a data de
incorporación deste último.
6. DOTACIÓN DAS BASES
Medios auxiliares
Nas bases de destino das aeronaves, a empresa adxudicataria instalará os medios auxiliares
de operacións aéreas necesarios para o correcto funcionamento da base e esixidos pola
normativa vixente, coma mangas indicadoras de forza e dirección do vento, sinalizacións,
depósitos de combustible, extintores, xeradores de enerxía, etc, e se encargará do seu
mantemento, reparación e substitución.
En cada base disporá dúas bombas cos seus correspondentes accesorios para o abastecemento
de auga que deberán encher completamente o depósito de auga das aeronaves nun máximo
7
de tres (3) minutos. Ademais disporá de dúas estacións para o mesturado dos retardantes
(polifosfato) incluídas as mangueiras e resto de accesorios para o seu correcto funcionamento.
Dotará á base das instalacións e medios necesarios para garantir o descanso e comodidade do
persoal destinado segundo a normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo, e será
responsable do seu uso, estado, mantemento e limpeza.
Todo o material estará debidamente homologado e autorizado.
Combustible
O combustible das bases será subministrado, transvasado, manipulado e almacenado pola
empresa adxudicataria, para o que disporá de sistemas de almacenado e transvase propios.
Tamén contará cun sistema de protección contra incendios.
Este material estará debidamente homologado polo "Ministerio de Industria e Energía"
conforme ao establecido no real decreto 1562/1998, do 17 de xullo, polo que se modifica a
instrución técnica complementaria MI-IP02 "Parques de almacenamento de líquidos
petrolíferos".
Os depósitos de almacenamento de combustible terán unha capacidade mínima de dez mil
(10.000) litros.
Deberán manter sempre un stock mínimo de cinco mil (5.000) litros. Porén, cando a previsión
de risco de incendios sexa elevada e a Consellería do Medio Rural o considere necesario, esta
poderá esixir o enchido completo dos depósitos.
Durante a execución de servizos, as aeronaves repostarán na base que teñan asignada, ou ben
na máis próxima ao lugar do incendio, cando así o determine o persoal da Consellería.
Retardantes a curto prazo contra incendios forestais
Os retardante a curto prazo ou espumóxeno para as bases será subministrado, transvasado,
manipulado e almacenado pola empresa adxudicataria, para o que disporá de sistemas de
almacenado e transvase propios. Tamén contará cun sistema de protección contra incendios.
Haberá un stock inicial por base de mil (1000) litros de espumóxeno e deberá manterse
sempre un mínimo de cincocentos (500) litros. Porén, cando a previsión de risco de incendios
sexa elevada e a Consellería do Medio Rural o considere necesario, esta poderá esixir o
incremento do stock.
O retardante a curto prazo:
Permitirá a mestura con calquera tipo de auga e a densidade non será superior a
1,05g/cc.
A relación da mestura coa a auga non superará o 1 % en volume.
A espuma formada debe presentar unha capacidade de extinción superior á que tería a
mesma cantidade de auga sen aditivo.
O emprego do concentrado e das solucións non debe presentar riscos de toxicidade nin
para o home, nin para a fauna e a flora terrestres e acuáticas (cumprimento da
Directiva da C.E. nº 85/4677 e do Regulamento nº 725-88 sobre declaración de
substancias e etiquetado).
8
Protección contra incendios
Cada base contará cun equipo de protección contra incendios, tanto para o depósito de
combustible coma para a aeronave, formado por polo menos dous extintores dunha eficacia
mínima de 144B, dos que polo menos un, o destinado á aeronave, deberá ser móbil e ter unha
capacidade mínima de vinte e cinco (25) Kg, segundo o disposto na instrución técnica
complementaria MI-IP02, "Parques de almacenamento de líquidos petrolíferos".
Mantemento e vixilancia
A empresa adxudicataria manterá en perfecto estado as instalacións (vivendas, almacéns,
depósitos de auga, combustibles e retardantes, etc) que empregue durante a súa estadía nas
bases, reparando calquera avaría que puidera xurdir e afectar á operatividade das aeronaves.
A xestión dos residuos xerados será responsabilidade da empresa adxudicataria, polo que
correrá esta cos seus custos.
A vixilancia de aeronaves, medios auxiliares e instalacións será responsabilidade da empresa
adxudicataria, polo que correrá esta cos seus custos, non sendo en ningún caso responsable a
Consellería de posibles danos ou roubos que se puideran producir.
Situacións excepcionais
Cando, por causas excepcionais, a Consellería decidise a intervención doutras aeronaves alleas
a empresa adxudicataria, esta deberá proporcionarlles o combustible e outros medios
necesarios para o desenrolo da súa actuación.
Os custos xerados por estas aeronaves serán abonados con posterioridade pola empresa
propietaria.
7. HORARIOS E TEMPOS DE VOO
Xornadas de traballo
As aeronaves deberán estar operativas de orto a ocaso, os sete días da semana, durante todo
o período de prestación de servizos. Para iso, a empresa adxudicataria deberá dispoñer do
persoal de voo e de terra necesario para, ao mesmo tempo, garantir a operatividade das
aeronaves de orto a ocaso e respectar os descansos necesarios de dito persoal, de acordo coa
normativa vixente.
O horario habitual de presenza física na base para cada tripulación será de doce (12) horas
diarias. A hora de apertura de bases será establecida pola Consellería, segundo o horario de
orto e ocaso e as necesidades de servizo en cada época.
Fóra do horario de presenza física na base, o persoal de voo e de terra deberá acharse
localizable, polo menos, mediante telefonía móbil e situado a unha distancia da base inferior a
trinta (30) minutos.
En calquera caso, a empresa adxudicataria será responsable ante a Consellería e ante terceiros
de calquera anomalía ou deficiencia que puidera producirse en materia laboral e de prevención
de riscos laborais.
9
As mesmas condicións serán de aplicación para o persoal de substitución, tanto de voo coma
de terra.
Inoperatividade
Determinarase a inoperatividade dunha aeronave cando, por calquera circunstancia de carácter
humano, mecánico ou material, esta non poida desenvolver o servizo para o que foi
contratada. Terase en conta tamén a inoperatividade dos medios auxiliares, entre os que se
inclúen os relacionados coa repostaxe, comunicacións, etc...
Defínese coma día de avión inoperativo aquel no que a aeronave non poda desenvolver o
servizo para o que foi contratada, por avaría propia ou dalgún dos seus sistemas auxiliares,
por falta de mantemento mecánico ou por ausencia de persoal imprescindible para o voo,
durante un tempo igual ou superior a seis (6) horas.
Defínese coma día de servizo defectuoso aquel no que a aeronave non poda desenvolver o
servizo para o que foi contratada, por avaría propia ou dalgún dos seus sistemas auxiliares,
por falta de mantemento mecánico ou por ausencia de persoal imprescindible para o voo,
durante un tempo inferior a seis (6) horas.
As empresas licitadoras deberán incluír nas súas ofertas os parámetros meteorolóxicos
definitorios da situación "inoperatividade por causas meteorolóxicas", para poder contrastar os
datos aportados polos medios auxiliares de operacións aéreas coas anotacións dos partes
diarios de incidencias.
Tempo de saída
As aeronaves e a súa tripulación deberanse atopar preparadas en todo momento para efectuar
a saída durante toda a xornada de traballo, de xeito que o tempo transcorrido entre o aviso de
despegue e a realización do mesmo non sexa superior a doce (12) minutos.
Horas de voo
Defínese coma hora de voo o tempo transcorrido desde o intre no que unha aeronave comeza
a rodar pola pista para o despegue e o intre en que se produce a súa aterraxe e parada de
todos os seus motores.
Non computarán coma horas de voo as orixinadas por mor de mantemento das aeronaves,
traslados por substitución de aeronaves ou de material, repostaxe fóra da base asignada por
desabastecemento dos depósitos propios, adestramentos, verificación de elementos de voo,
etc, ou calquera outra razón allea ao presente contrato que non fora solicitada ou autorizada
pola propia Consellería.
8. ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN
Coordinador das operacións
A empresa adxudicataria designará a unha persoa cualificada, allea á tripulación das
aeronaves, coma coordinador das operacións, que actuará na súa representación ante a
Consellería. Coordinará as cuestións técnicas internas de funcionamento da empresa, coma
quendas e substitución de persoal, material, etc, que resolverá calquera dúbida ou problema
que poda xurdir na prestación de servizos, e asistirá ao responsable do Centro de Coordinación
10
Central en casos de emerxencia ou en calquera outro que lle sexa requirido, coa súa presenza
no devandito Centro de Coordinación Central ou en calquera outro lugar do territorio galego.
Para tal fin, dita persoa deberá estar en permanente contacto e localización, para o que deberá
facilitar os teléfonos de contacto necesarios antes de se iniciar a prestación de servizos, e
deberá ter dispoñibilidade inmediata durante a duración do contrato.
Recomendarase o coñecemento da lingua galega e a experiencia en aviación e en defensa
contra incendios forestais. As empresas licitadoras deberán incluír o "curriculum vitae" do seu
coordinador das operacións na documentación entregada na licitación.
Coordinador dos servizos
A Consellería do Medio Rural designará un técnico cualificado do Centro de Coordinación
Central coma coordinador dos servizos, que actuará na súa representación ante a empresa
adxudicataria. Supervisará a prestación de servizos por parte da empresa adxudicataria e
realizará a conformidade das facturas presentadas pola empresa adxudicataria.
Tamén poderá designar persoal dos Centros de Coordinación Provinciais (C.C.P.).
Emisorista
O emisorista coordinará o envío de medios aéreos a cada unha das misións a realizar e levará
o control de horas de voo, inoperatividade, avarías, persoal, stocks, consumo e repostaxe de
combustible e retardantes, e de todo o que poda afectar o funcionamento da base, segundo as
directrices marcadas polo C.C.P. correspondente. Será o responsable de introducir estes datos
na aplicación informática medios aéreos da Consellería.
Comunicacións
A empresa adxudicataria informará, ao inicio e fin de cada xornada de traballo, ao emisorista
da base ou ao representante correspondente da Consellería sobre a operatividade das
aeronaves asignadas na súa base e da cantidade de combustible dispoñible en cada base, para
que transmita esta información ao C.C.P. correspondente.
Diariamente, o piloto de cada aeronave e o emisorista da base correspondente redactarán un
parte diario de traballo de cada aeronave, no que constarán:
Existencias de combustible nos intres de apertura e peche da base, así coma as
repostaxes e recargas producidas.
Inoperatividades producidas.
Ausencias inxustificadas de persoal de voo e terra.
Negativas dos pilotos a realizar algún voo, coa súa correspondente xustificación.
No caso de producirse unha avaría, esta será comunicada inmediatamente ao emisorista da
base, quen o comunicará ao C.C.P. correspondente.
Cada tripulación disporá de polo menos un teléfono móbil mediante o que poda estar
localizable as vinte e catro (24) horas do día, cuxo número será proporcionado á Consellería
antes do inicio da prestación de servizos. Calquera cambio neste senso deberá ser comunicado
a dito organismo.
11
Calendarios
A empresa adxudicataria, a través do director de operacións, presentará sete (7) días antes do
inicio de prestación de servizos un calendario no que figuren, para cada base, os nomes do
persoal de voo e de terra, e as súas quendas de traballo respectivas.
Do mesmo xeito, presentará tamén un calendario no que figure o programa de mantemento de
cada unha das aeronaves para prever posibles carencias.
Ambos calendarios garantirán a un tempo a completa operatividade do servizo e cumprimento
da normativa vixente referida a períodos de traballo e descanso.
Só se realizarán cambios nestes calendarios previa autorización da Consellería e previa
presentación da documentación correspondente de cada unha das novas aeronaves ou
traballadores.
Relacións entre o persoal da Consellería e da empresa adxudicataria
Se, a xuízo da Consellería do Medio Rural, existe un mal entendemento entre o persoal da
empresa adxudicataria e o persoal da Consellería do Medio Rural, que puidera entorpecer o bo
do funcionamento da base, a empresa adxudicataria substituirá a este persoal no prazo dunha
semana.
Prevención de riscos laborais
A empresa adxudicataria deberá garantir a observancia da normativa vixente sobre
contratación laboral, seguridade social e prevención de riscos laborais, sendo responsable ante
a Consellería e ante terceiros de calquera anomalía ou deficiencia que puidera producirse neste
senso.
Para iso, a Consellería esixirá á empresa adxudicataria:
Avaliación dos riscos propios de cada posto e lugar de traballo.
Control do subministro e emprego dos equipos de protección individual.
Desenvolvemento de protocolos de actuación.
Acreditación de ter facilitado información e formación en materia de riscos laborais aos
seus traballadores, así coma das cuestións expostas anteriormente.
As empresas licitadoras deberán incluír nas súas ofertas a planificación das actuacións
previstas neste senso.
9. INSPECCIÓN DE SERVIZOS
Antes de iniciarse a prestación de servizos, unha vez que cada aeronave se atope na súa base
asignada, ou en caso de substitución, persoal da Consellería realizará a certificación da
operatividade da aeronave, así coma de todo o seu material complementario, mediante a
comprobación de:
Modelo, matrícula e operatividade da aeronave.
12
Modelo e tipo das emisoras de banda aérea e terrestre, e canles gravadas en cada unha
delas.
Modelo e tipo do sistema G.P.S. e puntos xeográficos gravados nel.
Identidade dos pilotos e mecánicos adscritos á base, así coma das súas licenzas e
certificados médicos.
Mapas.
Se algunha das certificacións realizadas, tanto ao inicio coma ao longo da prestación de
servizos, non fose positiva nalgún dos puntos anteriores e a aeronave tivese que voar por
necesidades do servizo, as horas de voo transcorridas ata o arranxo das deficiencias pagaranse
ao prezo da hora extra determinada na adxudicación.
A Consellería poderá contratar a asistencia técnica que considere necesaria para efectuar
actuacións periódicas de seguimento, inspección, planificación de adestramentos e control,
incluídos controis durante o voo, sobre a empresa adxudicataria e os servizos contratados,
segundo o determinado polo directo de servizos.
A empresa deberá permitir, en calquera intre e circunstancia, o acceso a: aeronaves,
documentación, oficinas, talleres, hangares e almacéns ao persoal da Consellería ou da
empresa de asistencia contratada, co fin de realizar as inspeccións que se consideren
necesarias.
A Consellería poderá realizar cantas probas considere necesarias nas aeronaves ofertadas
antes de proceder á adxudicación do concurso. Tamén poderá contratar a realización dunha
auditoría de tipo técnico, sobre as empresas concorrentes, por unha empresa especializada, co
fin de determinar a idoneidade das aeronaves.
10. SEGUROS E RESPONSABILIDADE POR DANOS A TERCEIROS
A empresa adxudicataria deberá dispoñer dos seguros de accidente necesarios para cubrir a
tripulación da aeronave por un importe mínimo de cen mil (100.000,00) euros por persoa e
sinistro.
Tamén deberá dispoñer de seguro de danos a terceiros, tanto persoas físicas coma bens, que
por calquera motivo puideran ser causados polos medios aéreos, terrestres ou o persoal
contratado pola empresa adxudicataria durante o período de prestación de servizos. Este
seguro cubrirá polo menos a cantidade de oito millóns cincocentos mil (8.500.000,00) euros.
A Consellería declina todo tipo de responsabilidade polos danos a terceiros, persoais ou
materiais, que por calquera motivo puideran causar as aeronaves contratadas, ou polos
vehículos ou persoal da empresa adxudicataria, sen prexuízo do disposto no artigo 97 do
T.R.L.C.A.P. Por tanto, a empresa adxudicataria estará obrigada a asumir a devandita
responsabilidade e a notificar por escrito a cada un dos denunciantes a súa resolución pola
reclamación interposta.
13
11. DOCUMENTACIÓN
11.1-A entregar polas empresas licitantes (no sobre 2 de documentacion tecnica)
As empresas licitantes incluirán nas súas ofertas un listado coas aeronaves propostas,
especificando matrículas e tipo de licencias, así como outros datos interese (horas ata o
próximo "over haul", ano de fabricación e de matriculación, etc). Incluirán tamén polo menos
os datos dunha aeronave de substitución, que presentará características similares ou
superiores, sendo preferible que sexan do mesmo modelo que as ofertadas na licitación.
Todas as aeronaves ofertadas polas empresas licitantes disporán de cadanseu certificado de
aeronavegabilidade expedido pola D.G.A.C. ou, de tratarse de aeronaves con matrícula
estranxeira ou en proceso de matriculación en España, polo organismo competente nesta
materia no seu país de orixe. Neste caso, irá acompañado das autorizacións necesarias para
voar en España expedidas pola D.G.A.C.
Incluirán nas súas ofertas un listado coas tripulacións propostas, tanto as titulares coma as de
reserva se as houbese, especificando número e tipo de licencias, horas de voo acreditables, así
coma outros datos que estimen de interese, para cada un dos pilotos.
As empresas licitadoras deberán incluír o "curriculum vitae" do seu coordinador das operacións
na documentación entregada na licitación.
Tamén presentará unha proba certificada por persoal de mantemento autorizado da realización
dunha "power check" no mes anterior á data de inicio da prestación de servizos.
11.2-A entregar polas empresas adxudicatarias
As empresas adxudicatarias entregarán a seguinte documentación relativa ás aeronaves tanto
titulares coma de reserva:
Certificado de aeronavegabilidade en vigor.
Certificado de matrícula.
Póliza de seguros.
Licenza de estación.
Programa de mantemento.
Folla de datos do certificado de tipo.
Validación do equipo GMS/GPRS e GPS.
As empresas adxudicatarias entregarán a seguinte documentación relativa aos membros da
tripulación:
Licenza de voo.
As empresas adxudicatarias entregarán a seguinte documentación relativa ao persoal de terra
encargado do mantemento das aeronaves:
Licenza de mantemento.
As empresas adxudicatarias entregarán a seguinte documentación relativa á empresa:
14
Autorización para a realización de traballos aéreos.
Autorización para a realización de operación de extinción de incendios forestais.
Autorización para o subministro de combustible en bidóns.
Póliza de seguros, en caso de tratarse dun seguro colectivo para a empresa.
Nomeamento do director de operacións.
Certificado de aprobación coma centro de mantemento, de ser o caso.
Aceptación dos responsables de mantemento e calidade, de tratarse dun centro de
mantemento autorizado.
Dita documentación terá data de expedición anterior á da presentación das ofertas; de expirar
a súa validez durante o período de prestación de servizos, será renovada e presentada de novo
ante a Consellería. Presentarase redactada en lingua galega, castelán ou inglesa e, de tratarse
de orixinais noutras linguas, presentarase a súa tradución xurada á lingua castelá.
Presentarase en formato orixinal, compulsada ante notario ou compulsada polo propio servizo
de contratación da Consellería.
Si se producise algunha modificación nas aeronaves constituíntes do servizo, a empresa
adxudicataria deberá entregar a correspondente documentación. De non facelo, poderá ser
causa de rescisión do contrato.
12. ORZAMENTO
O orzamento máximo do presente concurso é de dous millóns cincocentos mil euros
(2.500.000,00 ), sempre que se cumpra a totalidade do período contratado. No caso
contrario, o orzamento será proporcional ao período efectivo contratado. As anualidades do
orzamento distribúese segundo a seguinte táboa:
aeronaves tipo meses/aeronave total
9 Avión de carga en terra 3 937.500,00
total ano 2009 937.500,00
3
Avión de carga en terra
6 625.000,00
6 3 625.000,00
total ano 2010 1.250.000,00
3 Avión de carga en terra 3 312.500,00
total ano 2011 312.500,00
TOTAL 2.500.000,00
O pago do servizo, previa expedición da correspondente factura pola empresa adxudicataria, e
contrastada a conformidade dos servizos prestados polos correspondentes certificados das
Xefaturas Provinciais dos Servizos Provinciais de Prevención e Defensa contra os Incendios
Forestais, efectuarase como segue:
Anualidade 2009: dous pagos de igual cuantía, un no mes de agosto e outro no mes de
outubro.
Anualidade 2010: tres pagos de igual cuantía, un no mes de maio, outro no de agosto e
outro no de outubro.
Anualidade 2011: un único pago ao finalizar o servizo.
15
De existir, nesta mesma certificación figurarán as penalizacións producidas na anualidade
correspondente (servizo inoperativo).
O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación do mesmo, en dito importe inclúense
os gastos directos e indirectos necesarios para a correcta prestación dos servizos contratados,
así coma custos de amortización, matriculación española, seguros, acondicionamento e
mantemento de aeronaves, comunicacións, combustibles, repostos, persoal de voo e
mantemento, vixilancia e seguridade das aeronaves e instalacións, transporte, etc., que teña
que facer o adxudicatario para a realización do traballo, ata a súa recepción pola Consellería.
Considéranse horas extra aquelas que excedan das dúas mil novecentas vinte (2920) horas e
nove (9) minutos, ou sobre o número ofertado se este fose superior, previstas para os avións
en toda a duración do servizo.
O prezo de adxudicación por hora será o importe total da adxudicación entre as dúas mil
novecentas vinte (2920) horas e nove (9) minutos previstas para o contrato.
O importe máximo a aboar por hora extra será do setenta por cento (70%) do prezo por hora
que resulte da adxudicación.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2009
O xefe de servizo de programación
José Antonio Grandas Arias
Visto e prace
O subdirector xeral de defensa contra os incendios forestais
José Antonio Portos Mouriño
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.