A CORUÑA | 31/08/2016 | Actualizada ás 19:34 por EUROPA PRESS
A Cátedra Inditex-Universidade da Coruña (UDC), abriu o prazo de preinscrición para o seu curso de especialización en responsabilidade e innovación social, segundo informa.
Os interesados en acceder a este título propio de postgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude de preinscrición entre o 1 de setembro e o 15 de outubro a través da páxina web da cátedra.
Na súa sexta edición, o curso incorporará "contidos especificamente dirixidos a todos aqueles profesionais con interese en afondar e desenvolver a súa carreira profesional en ámbitos vinculados á responsabilidade, a innovación e o emprendimiento social".
O programa, contará coa participación de máis dunha trintena de especialistas vinculados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.