Empresa pública tala un dos poucos bosques inundábeis de Galicia

Tragsa e a Dirección General de Costas son os executores co beneplático do Concello, segundo a Unión Veciñal de Dodro. A SGHN pide explicacións á Xunta.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 10/09/2016 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou de urxencia ante Dirección Xeral de Conservación da Natureza unha “ampla tala” nas Brañas de Laíño,  un dos pouquísimos bosques inundábeis de Galicia. Máis de media hectárea de bosque aluvial ao carón das zonas protexidas "Sistema fluvial Ulla-Deza" e "Esteiro do Ulla", pero fóra dos seus límites no Concello de Dodro.

As brañas de Laíño, unha vez taladas
As brañas de Laíño, unha vez taladas | Fonte: SGHN

Os ecoloxistas indican que aínda non teñen resposta da Xunta. Ademais, aseguran que houbo máis talas “moito máis amplas” ao nordeste desa primeira zona, a ambos lados da estrada AC-305 entre Tallós e Muronovo, con “afeccións moi importantes” sobre varias zonas tamén protexidas.

A Sociedade Galega de Historia Natural reclama a Xunta que ordene cautelarmente a paralización inmediata de ditas talas e identifique aos responsables das mesmas. Tamén queren saber se o Goberno Galego as autorizou e, no seu caso, os motivos.

Quen realizou a tala? Segundo o grupo político local Unidade Veciñal de Dodro (UVD) foi a empresa pública Tragsa. Quen a ordenou? Pois quen ten competencia nesa zona inundábel, o departamento de Costas do Estado.

UVD relata que os operarios de Tragsa “en principio tiñan proxectado facer unha limpeza na área consistente en corta de salgueiros e desbrozar o resto, deixando a pista cas arbores” pero “tiveron unha visita do alcalde que lles ordenou unha corta total, das arbores da pista tamén, e eles van facer o que lles ordenan”.  Ante estas acusacións, o alcalde de Dodro, polo de agora, negou ser o responsábel da tala. O asunto discutirase no próximo pleno local.

As brañas de Laíño, cando están inunadadas
As brañas de Laíño, cando están inunadadas | Fonte: SGHN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 eusi

a PPodremia xa afecta aos cerebros destes PPailarocos

2 BeneB

Este é outro síntoma dunha doenza endémica, a ignorancia. Incríbel.

1 galegoexiliado

As árbores non lles deixaban ver o bosque, asique.... taláronas.

1 Refoxo

As árbores non deixaban ver as brañas...