Estimado oneto: eu non dixen que os emigrantes non debían votar en todas as eleccións, fixen alusión ás autonómicas e ás municipais. Non falei das xerais onde sí estou de acordo.
O "voto emigrante" varía nos distintos estados e nalgúns incluso non está permitido o voto se o cidadán leva un certo número de anos sen residencia no pais de orixe.
Eu creo que calquera individuo coa cidadanía española debería poder votar en urna e con interventores (nunca cun correo que non depende do estado receptor do voto) nas eleccións xerais.
Ora ben , nas autonómicas e locais non ten sentido que unha persoa que non está censada nun concello desa comunidade autónoma vote, simplemente non está pagando impostos nesas institucións e pola contra paga impostos noutro concello na arxentina por exemplo onde debe votar se está censado. Ou é que por ser emigrante eres un supercidadán con máis dereitos a voto que os demáis?.
Voltando ó exemplo anterior o neto de emigrantes debería votar nos 4 concellos de orixe dos seus avós en Lituania, Italia, Alemania e España?, e dentro de 25 anos, tería dereito a voto nos 8 concellos de orixe de seus bisavós, e dentro de 50 anos nos 16 concellos de orixe dos seus tataravós?...
En resumo, voto en urna, con interventores, non por correo e nas xerais a todo o que teña a cidadanía española. Se volta e se censa nun concello aquí o resto do voto.
E respeto moito a emigración galega e son consciente da importancia que tivo para a consciencia de Galicia como pais. Mais o 10% da Arxentina e o 50% do Uruguay son de orixe galega, van votar nas nosas autonómicas e municipais per sécula seculorum?.