Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2016 | Actualizada ás 20:24
A moza desaparecida este venres no municipio coruñés da Pobra (A Coruña) foi localizada este sábado en bo estado, tal e como informaron fontes da Garda Civil, que indicaron que estaba ben de saúde cando foi achada.
En concreto, a moza abandonara o domicilio voluntariamente, sendo maior de idade e non estando incapacitada legalmente.
María, de 25 anos, foi vista por última vez o venres na Pobra do Caramiñal, a mesma localidade onde desapareceu Diana Quer.
A Asociación Amicos, que atende a máis dun cento de persoas con discapacidade da comarca do Barbanza, fíxose eco nas súas redes sociais da desaparición desta moza. A familia de María Sánchez Ríos denunciou a súa ausencia ante a Guardia Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.