MADRID | 26/09/2016 | Actualizada ás 09:58 por EUROPA PRESS
O exvicesecretario xeral do PSOE José Blanco declarouse este luns "desolado" e preguntouse "que máis ten que pasar para que o PSOE reflexione", despois dos malos resultados do seu partido nas eleccións vascas e galegas.
Quen fora número dous no PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero expresouse así nunha mensaxe na súa conta de Twitter. O exdirixente galego, hoxe eurodeputado, relatou que felicitou tanto a Alberto Núñez Feijóo coma a Íñigo Urkullu polas súas respectivas vitorias en Galicia e o País Vasco. "En ambas as dúas comunidades a xente votou estabilidade", opinou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.