MADRID | 26/09/2016 | Actualizada ás 13:22 por EUROPA PRESS
O vicesecretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, non cre que os seus malos resultados en Galicia e País Vasco, onde non lograron representación parlamentaria, poñan en cuestión a estratexia do partido no ámbito nacional.
"Durante este tempo e nesta época tan complicada de bloqueo fixemos o que había que facer", afirmou nunha entrevista na Cadena Ser, recollida por Europa Press. Villegas defendeu que Ciudadanos sempre intentou desbloquear a situación e sentar "cos partidos que tiñan o encargo de gobernar". Iso si, aínda que cre que os acordos aos que chegaron tanto co PSOE coma co PP "eran bos", admitiu que se demostraron "insuficientes".
En canto a non cumprir o seu obxectivo de entrar nos parlamentos vasco e galego afirmou que se formulan a súa tarefa "como un traballo a medio e longo prazo", non como un "pelotazo electoral", e que van seguir "creando partido e espazo político de centro renovador".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.