Onde cimentou a vitoria o PPdeG e a segunda posición En Marea?

O PPdeG arrasa no rural e En Marea consolidase no espazo urbano. Vigo e O Morrazo son o fortín da formación de Villares, mentres que os populares superaron o 60% dos votos no Xallas, A Paradanta, A Ulloa Baixa Limia, Deza, O Carballiño, Quiroga, Terra de Celanova e Terra de Melide. Os socialistas resisten en Ourense e nas montañas desta provincia e Lugo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/09/2016 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Os comicios do 25S deixan unha Galicia partida en dous cachos, aínda que un cacho é máis grande que o outro. Por unha banda, a Galicia urbana ou semiurbana e, pola outra, a Galicia rural. Na primeira, a suma dos partidos de esquerda é, na maioría dos casos, superior á suma do PPdeG, mentres que este partido arrasa nas zonas rurais, con índices superiores ao 50%.

Feijóo durante a presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010
Feijóo durante a presentación da marca de leite Galega 100 por 100 en 2010

De feito, os populares volveron cimentar a súa terceira maioría absoluta en Galicia nas provincias do interior, principalmente en Ourense, onde gañaron un deputado máis, e nas comarcas rurais do interior da Coruña e Pontevedra. En Lugo perderon un escano, que recuperaron na Coruña, xa que ese parlamentario se perdeu por motivos pobacionais, pasando de Lugo a A Coruña.

Con todo, os populares recuperaron o terreo perdido en amplias zonas urbanas. De feito foron os máis votados en todas as grandes cidades, aínda que cunha porcentaxe inferior á suma das forzas de esquerda.

Pola súa banda, En Marea conseguiu sorpasar ao PSdeG grazas, en parte, as zonas urbanas. Esta formación foi a segunda forza, precisamente, en todas as áreas metropolitanas das grandes urbes e, tamén, nas zonas semiurbanas que rodean esas áreas. Así, foi a segunda forza na Coruña, Barbanza, Ferrol, Lugo, O Baixo Miño, O condado, O Morrazo, Sar, O Salnés, Pontevedra, Santiago, Terra de Trives e Vigo (26,39). A única zona que se lles resistiu foi a comarca de Ourense, na que gañou o PSdeG.

En Marea-PP

As porcentaxes de consolidación da súa segunda posición nestes comicios van desde o 16,5% da comarca do Sar --ao carón de Santiago--, ata o 27% do Morrazo ou o 26,40% de Vigo, que foron os grandes caladoiros de votos de En Marea. Pola contra, o PPdeG superou o 50% en case todas as comarcas do interior, destacando o 66,5% da zona do Xallas e superando o 60% na Paradanta, Ulloa Baixa Limia, Deza, O Carballiño, Quiroga, Terra de Celanova e Terra de Melide.

Alberto Núñez Feijóo con Raquel Arias, Elena Candia e outros dirixentes do PP de Lugo nunha explotación gandeira / EP Feijóo con Elena Candia, Raquel Arias e outros dirixentes do PP de Lugo nunha explotación gandeira / EP
Alberto Núñez Feijóo con Raquel Arias, Elena Candia e outros dirixentes do PP de Lugo nunha explotación gandeira / EP Feijóo con Elena Candia, Raquel Arias e outros dirixentes do PP de Lugo nunha explotación gandeira / EP

Pola súa banda, o PSdeG resistiu en comarcas con tradición socialista da Coruña, Lugo e Ourense. Así, en Lugo, superaron o 24% de votos nos Ancares, A Fonsagrada ou Meira, e en Ourense na Baixa Limia, Terra de Trives ou Valdeorras. Na Coruña tamén superaron o 20% no Eume, na Barcala e en Terra de Soneira.

O BNG non se impuxo en ningunha comarca. De feito, viu coma nun bastión nacionalista como é Allariz foi o PPdeG o máis votado. De feito, este partido impúxoses en 304 dos 314 concellos, gañando en tres concellos máis que no 2012. Os socialistas só o fixeron en nove --fronte aso doce de hai catro anos--, a maior parte das montañas de Lugo e Ourense. Tamén conservou a Illa de Arousa.En Marea só se impuxo nun concello, o de Vilar de Santos, que en 2012 votara maioritariamente por Compromiso por Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 XanKaraLlás

O PP cimentou a súa vitoria nos PAILÁNS, nos PAIFOCOS. No rural. A Marea cimentou os seus apoios nos sectores máis informados, cultos e concienciados. Nas cidades. Isto é indiscutible, é o que temos.

1 Ramón Otero

¿Cual ha sido el partido mayoritario en las ciudades de Galicia?

2 A chacha de Losada

Ben dito. A democracia é de losers. Governo que eu quera ou barbarie !!!!!

3 Fulham

Parabéns a La Voz de Galicia, PP e TVG polo resultado de Ana Pontón. Ela tampouco o fixo mal.

2 008

4 anos de corrupción, privatizacións e aumento da probeza, recompensensados con outra maioria absoluta grazas a PODEMOS. Disidencia pre fabricada polo rexime ao igual que C´s. para dar vida e sustituir de darse o caso, ao mais que despretixiado bipartidismo tradicional. Salvar a unidade do xugo Expaña, e levar ao rego do sistema e platós da televisión dos oligarcas, as protestas polas políticas neoliberais, cortalumes de radicalizacións que podan levar a Revolucións. Oposición Podemista e pogre PSOistas, de trepas, ionquis das subvencións públicas e nihilistas que se cren algo, por ter un titulo universitario. Polo menos os xubilados van cobrando a pensión polo de agora, preguntadelle aos pensionistas gregos, como lles vai cos Syrizos.

1 Galahaz

A vitoria do PP alicérzase no feito de que é o partido que máis se parece ao galego medio. Tras cada derrota electoral a esquerda sempre pon a escusa de que grande parte do voto ao PP é voto cativo, ignorante, clientelar, etc, e subestima o compoñente ideolóxico dese voto e o músculo social que ten o PP por todo o país. A proba é que tras case 20 anos da 1ª absoluta de Fraga, e co consecuente pasamento de toda unha xeración de galegos na súa maioría profundamente conservadores, de escaso nivel educativo e cunha nula cultura democrática, a situación non variou e o PP segue a arrasar. O galego medio foi e é conservador, individualista, pouco amigo de mudanzas radicais e desde logo afastado de extremismos. Pero ademais de todo iso, o galego medio é, ante todo, profundamente galego. Por iso experimentos como C’s ou UPyD nunca triunfarán aquí.

1 Galahaz

Tendo iso claro, é evidente que calquera opción de derrotar electoralmente ao PP pasa pola existencia dun partido galeguista de centro que pesque nos mesmos caladoiros ideolóxicos que o PP sendo quen de pór de manifesto a contradición existente entre o “galeguismo de boquilla” do PP e os froitos reais das súas políticas que, baseadas unicamente no ben común de Castela/España, son en moitas ocasións prexudiciais para o noso país, cando non directamente contraditorias, porque os nosos intereses nacionais rara vez coinciden cos do resto do Estado. Se isto non se concreta nos vindeiros anos e todo segue igual, os partidos da oposición non farán máis transvasarse votos entre si en cada cita electoral e con sorte, unha vez cada 20 anos, poderán aspirar a derrotar ao PP pola mínima e a gobernar o país con estrañas coalicións durante 4 anos até que o PP renove os cadros dirixentes e rexenere un pouco a súa imaxe para volver gañar as seguintes eleccións.

2 Gamela

estás a falar do programa de CxG con 4.030 votos en toda Galicia ? Pois vas ter que agardar unha eternidade! Mira que C´s se non fora polo 5% xa terían metido o nariz no Parlamento con 48.103 votos ? http://resultados2016.xunta.gal/11A...

3 Galahaz

Non, CxG é unha forza política que se define como socialdemócrata, é dicir, que se autositúa no espectro ideolóxico do centroesquerda, onde xa hai moita oferta, e onde non compite electoralmente co PP. Por iso fracasou. Aquí o que fai falta é unha forza política galeguista de centro/centrodereita e que non basee o seu discurso no “hai que botalos” que comparten todos os partidos da esquerda. Do que se trata é de restarlle votos ao PP, e iso nunca se vai lograr desde o esquerdismo, que penso que é o que aínda non teñen claro moitos neste país. Un partido de centrodereita galeguista que sexa chave para condicionar un hipotético goberno do PP en minoría, que chegado o caso poida ameazalo con deixalo caer, e que pouco a pouco resalte a inexistencia real de galeguismo no PP para así lle poder comer terreo e votos. Galiza non precisa doutro partido que teña como única finalidade xuntarse con todo o resto de partidos se o PP non alcanza aos 38 escanos.

4 Galahaz

E os 48.000 votos de C's non queren dicir nada. Son os votos dos españolazos de cidade, afíns a Galicia Bilingüe e centralistas, para os que España é a medida de todas as cousas e Madrid o paraíso terrenal, como Cristina Losada ou Marta Rivera de la Cruz. Eu non me preocuparía por eles. Por fortuna a inmensa maioría dos galegos -voten a quen voten- están nas antípodas do seu pensamento identitario. Se C's ten eses votos aquí é precisamente porque o PP ten aínda ese aquel "da boina" que moitos señoritos de cidade non aturan. Ese é o electorado que sustenta a C's en Galiza, por fortuna residual.

5 Trocomotxo

Hai moito do que dis. O difícil é entrar nese caladeiro de votos. E é moi certo que cos do PP podes falar incluso de política e sacando uns cantos fascistoides das cidades e señoritingos vidos a menos ningún vai retorcer o fuciño por falar galego. Non se pode dicir o mesmo doutros que van de guais pero no fondo son peores. Por certo, neste momento coñezo máis pais votantes do PP que lle falan galego aos fillos que progres de IU e psoe que fagan o mesmo. A pena é que a política lingüística do PP márcana uns poucos deses fascistoides.

6 Gamela

Non comprendo ben... unha forza política galeguista de centro/centrodereita = PPdG ? Para que queremos máis DEREITA en Galicia ?

7 Galegus

Galahaz, se o galego medio fose como ti dis ese partido xa existiría hai tempo e seguiría existindo. Cando existiu, Coalición Galega, Centristas de Ourense,Terra Galega, tivo todos os defectos do Partido Popular na súa versión máis caciquil. Por certo, ese rollo teu debe ser vello, porque a primeira maioría absoluta de Fraga foi hai 27 anos, en 1989.

8 Galahaz

Que para que é necesario un partido de centro galeguista cando xa está o PP? Para que lle poida roubar apoios e evitar absolutas. O que está a matar a este país son as absolutas do PP que se converten en auténticas ditaduras. Un partido político galeguista de centrodereita no que se tivese que apoiar o PP para gobernar de non obter a absoluta que non permitise a aprobación do decreto do plurilingüismo e contestase as políticas que están a acabar co tecido produtivo do país. Igual que acontece na esquerda hai mil maneiras de facer política desde a dereita, e para min (isto téñoo claro) o país está sempre por diante do eixo esquerda-dereita. E sendo a esquerda (española e galega) incapaz de derrotar ao PP, a única maneira de acabar coas súas políticas de exterminio é esa. Quen nos dera unha Coalición Galega con 11 escanos coma no 85 con todo o seu caciquismo e as súas redes clientelares e un PP con 30. PD: O dos 20 anos foi un erro, quería dicir 30.

9 Galahaz

Subscribo punto por punto o que dixen hai 4 anos.