Temas: ARXENTINA

O Centro Gallego de Buenos Aires desminte irregularidades nas eleccións da nova dirección

“Parece máis a reacción e a provocación típica dalgún aventureiro antidemocrático que, someténdose ao ditame das urnas, perdeu a elección por unha diferenza abafadora”, destacan fontes desta entidade sobre a denuncia interposta na xustiza arxentina.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 27/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Centro Gallego de Buenos Aires desmentiu a existencia de irregularidades na elección da nova dirección do centro que tivo lugar este verán e na que gañou a lista Breogán, encabezada por Alfonso Mourente.

Centro Galego de Bos Aires
Centro Galego de Bos Aires | Fonte: wikipedia

Un grupo de socios do Centro Gallego de Buenos Aires, no nome do socio Rafael Osvaldo Méndez González, presentou unha denuncia ante a xustiza arxentina na que pide a anulación das listas que se presentaron ás eleccións da institución.  Estes comicios para a elección de autoridades de xunta directiva son os primeiros que se realizan en seis anos despois de que o Instituto Nacional de Asociativismo y Economía Social (Inaes) intervira durante seis anos o Centro Galego e puxera ao seu fronte ao interventor agora denunciado.

Rafael Osvaldo asegura nesta denuncia que o proceso estivo “viciado de irregularidades, froito da acción e/ou inacción de quen foi e é actualmente o interventor da institución, Sr. Martin Moyano Barros, e en eventual conivencia con persoas que decidiron participar como eventuais representantes dos asociados sen cumprir os requisitos legais a tales efectos”.

Sen embargo, o responsable de prensa do Centro Gallego, Eduardo Roust, destaca que só sabe desa denuncia a través “dunha páxina de Facebook” e que no centro “non se recibiu ningunha notificación que poida avalar a existencia desta denuncia”.  “Supomos que pode ser presentada, pero, seguramente, non foi ratificada en sede xudicial para que corran os traslados e as notificacións do caso”, matizou en declaracións a GC.

“Reacción dalgún aventureiro antidemocrático”

Ademais, destacou que probas presentou Méndez para “para darlle veracidade á denuncia”. “Parece máis a reacción e a provocación típica dalgún aventureiro antidemocrático que, someténdose ao ditame das urnas, perdeu a elección por unha diferenza abafadora”, suliñou.

Así, lembrou que a lista gañadora, Breogán,  sacou 712 votos sobre un total de 1138 votantes, a lista CELTA, obtivo 81 sufraxios, a lista GALICIA, 144, TERRA, 70, UNIÓN GALEGA 115, houbo 10 votos impugnados e 6 votos en branco.

“O acto comicial foi transparente, cumprindo todas as regras electorais que manda o estatuto da entidade,  non rexistrándose irregularidade algunha, nin denuncia de ningunha naturais o día da votación, que puidese opacar o comicio. Foi un día de festa para o Centro Gallego e de gran participación de todos os seus asociados”, matizou.

Temas: ARXENTINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta