Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/09/2016 | Actualizada ás 13:28
A cobertura informativa dos medios públicos controlados polo PP volve a estar baixo sospeita, especialmente, en Madrid. Xa xurdiron críticas polo tratamento informativo dado ao PP e a Feijóo por parte de RTVE e Telemadrid, así como algúns comentarios de xornalistas dos medios públicos galegos e españois sobre a súa vitoria.
Un total de 22 minutos de emisión. Iso foi o que lle adicou o programa 'La noche en 24 horas' de RTVE ao discurso do presidente da Xunta, ademais doutros 9 minutos á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal. Un tempo que contrasta cos 9,20 minutos que se lle adicaron a Íñigo Urkullu, gañador en Euskadi.
Antes dos 22 minutos adicados a escoitar íntegramente a Feijóo, o xornalista galego, Fernando Ónega, non escatimou eloxios ao candidato popular. Entre o seu argumento sinalou que cre que Feijóo "se consolida como o sucesor natural de Rajoy e entendo que a súa presentación a estas eleccións obedece a unha especie de pacto entre Rajoy e o presidente da Xunta para ter ese desenlace dentro de catro anos".
Por iso, o presidente do ente público, Victor Arribas, volve estar no ollo do furacán, sobre todo, tras outras polémicas suscitadas en RTVE pola gran cobertura a eventos do PP e a exhaltación de problemas da oposición. UXT advertiu este verán que o perfil Arribas é "tan de dereitas de dereitas de dereitas que Gundín ou Jareño ao seu lado parecerannos esquerdistas incontrolados".
Felicitación de xornalistas
Por outra banda, as felicitacións públicas de xornalistas dos medios públicos a Feijóo foron duramente criticadas por outros profesionais públicos. Así, tanto o presidente de Telemadrid, Salvador Molina, como a xornalista de TVE Susana Burgos enviaron a través das redes sociais sendas mensaxes de felicitación e ánimo para o PP e para o presidente galego. Unhas felicitacións que molestaron, e moito, ao tamén xornalista da TVE, Xabier Fortes, responsable do Consello de Informativos da televisión pública.
"Enhorabuena a @FeijooGalicia, claro, pero felicidades también a los gallegos por votar Gestión y no otras cosas. Envidia sana de ellos", escribía nun tweet Susana Burgos pouco despois da vitoria do PPdeG. Pouco despois, e tamén a través desta rede social, Molina se sumaba a esta felicitación.
Un feito que foi duramente criticado por Fortes que tamén publicou varios tweests sobre estas felicitacións: "Flipando!!!! Una redactora paralela de TVE procedente de Intereconomía acaba de ejercer de hooligan del PP en twitter. Una cosa es analizar resultados o interpretar corrimientos de votos, y otra muy distinta jalear o hacer periodismo bufandero. TVE no debe ser el fondo norte de Genova, Ferraz o de cualquier círculo de Podemos. Esto es sencillamente intolerable en la televisión publica", sinalaba.
Fortes explicou noutros comentarios que Burgos é unha das xornalistas que integran a chamada 'redacción paralela' que chegou procedente de Intereconomía e que xa protagonizou unha polémica cando antes de ir a Grecia como enviada especial anunciou en Twitter que ía ver que "estupideces" dicía Tsipras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.