O PP de Santiago ve "fundamental" analizar a memoria do contrato á empresa que xestionaba as multas a locais

O concelleiro do PP de Santiago Alejandro Sánchez-Brunete informou en rolda de prensa este venres sobre a petición de acceso a unha documentación que podería supoñer -asegura- "unha proba fundamental" para aclarar o sucedido "arredor do posible trato de favor" do edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, "a determinados locais".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2016 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O concelleiro do PP de Santiago Alejandro Sánchez-Brunete informou en rolda de prensa este venres sobre a petición de acceso a unha documentación que podería supoñer -asegura- "unha proba fundamental" para aclarar o sucedido "arredor do posible trato de favor" do edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, "a determinados locais".

Os popualres queren acceder, en concreto, á documentación relativa ao contrato do servizo para a xestión dos expedientes sancionadores por infraccións, en materias xestionadas polos servizos integrados na área de desenvolvemento urbano e sostible.

"No seu caso, pode servir para desmentir algunhas escusas torpes do concelleiro e para confirmar os indicios do grupo popular", subliñou Sánchez-Brunete.

E é que, segundo explicou, no primeiro cuatrimestre de 2015, o anterior goberno municipal licitou a contratación dun servizo para a xestión dos expedientes sancionadores de infraccións que eran competencia do departamento de Urbanismo.

CONTRATO QUE NON SE PRORROGOU

O edil popular incidiu en que este contrato, ue tiña unha duración dunha ano "e podía ser prorrogado un ano máis, non se prorrogou", unha cuestión que resulta "estraña" e "chama a atención".

"É evidente que, de manterse a empresa contratada para xestionar a tramitación da infracción e o cobramento das multas, resultaría máis difícil facer desaparecer expedientes", remarcou Sánchez-Brunete.

Tras a rolda de prensa do edil popular, o alcalde, Martiño Noriega, asegurou que o PP ten acceso a "toda a documentación" que considere oportuno, ao tempo que explicou que o goberno local decidiu cambiar o modelo porque a devandita empresa cobraba "unha porcentaxe" das sancións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta