O PP creou un “problema público” ao usar a lingua como “elemento de confrontación”

A doutoranda Marta Gómez Ocampo, da Univesidade de Santiago de Compostela, analiza a estratexia seguida polo PPdeG e colectivos como Galicia Bilingüe para facer emerxer o conflito arredor do uso do galego no ensino.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O decreto do pluringüismo supuxo "un retroceso en materia de política lingüística" e foi o froito do uso da lingua como "elemento de confrontación política, como arma electoral" do PP mediante a "utilización de termos como «imposición», «adoutrinamento» ou «liberdade de expresión»". Así o explica a doutoranda en Xestión Pública Marta Gómez Ocampo, da Universidade de Santiago de Compostela, nun artigo publicado no último número da revista Grial sobre o "nacemento, auxe e consecuencias da creación dun problema público" arredor da lingua galega.

O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo.
O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo.

Segundo a análise de Gómez Ocampo, o discurso sobre a lingua por parte do PP a partir da campaña electoral de 2009, cando a colectivos como Galicia Bilingüe, "fixo rexurdir e fomentou os prexuízos cara ao galego e a súa utilidade no eido do ensino cuxos ecos aínda resoan case unha década despois".

A autora é crítica co decreto do plurilingüismo que logo impuxo o PP cando acadou o poder en 2009, pois "non só se reduce o número de horas de docencia en galego senón que se volve a un modelo semellante ao imperante durante os anos noventa, onde a pasividade da Administración e a permisividade de inspección educativa deixa nas mans dos centros o cumprimento da normativa e os avances en normalización en mans dos EDL, familias e docentes comprometidos coa lingua galega".

Gómez Ocampo lembra que, malia a súa importancia, "a política lingüística en Galicia, non ocupou un papel relevante na axenda política autonómica" durante máis de dúas décadas, pola existencia dunha relativa “paz lingüística”.

"A pesar das continuas confrontacións entre administración e nacionalismo, semellaba existir un consenso sobre a o feito de que o galego estaba nunha situación de inferioridade con respecto ao castelán e que era necesario adoptar normativas que regulasen a presenza das dúas linguas oficiais no ensino que garantisen a progresiva normalización do galego. Así, pese a existencia de diferentes visións en canto á intensidade que a política lingüística debía ter, as diferentes normativas que regulaban a presenza do galego do ensino foron aprobadas por unanimidade no Parlamento autonómico", explica a autora, quen recorda que "grupos contrarios á normalización da lingua galega tiñan un peso marxinal".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

GOBERNO BIPARTITO E CAMBIO NA ESTRATEXIA DO PP

Porén, esta situación mudou a partir das eleccións autonómicas de 2005, cando por primeira vez un partido nacionalista —o BNG— entrou a formar parte do Goberno galego, en coalición co PSdeG. Esta nova etapa permitiu que se aprobase un novo decreto que garantirá que, como mínimo, que un 50 por cento das materias se impartirían en galego, coa oposición do PPdeG, "iniciándose así un período que vai a alterar por completo o escenario da política lingüística galega: durante o período comprendido entre os anos 2007 e 2009 a crispación política ao redor da lingua chegou a acadar límites xamais vistos", subliña a autora.

Nestes anos, termos como “imposición lingüística”, “liberdade de elección”, “adoutrinamento nas aulas” ou “ruptura do bilingüismo harmónico” foron unha "tónica habitual no discurso do PPdeG e de Galicia Bilingüe", describe Gómez Ocampo.

Esta estratexia levouse aos medios de comunicación, nos que "a cuestión da lingua copaba as portadas e contidos dos principais medios e convertíase nun dos principais elementos do discurso político, chegando a ser, en plena crise económica, un dos piares fundamentais na campaña das eleccións autonómicas de 2009".

"O PPdeG asumía así unha visión máis próxima á liña estratéxica e ideolóxica seguida polo Partido Popular a nivel nacional, para quen a cuestión da lingua era, sobre todo en Cataluña, un eixe importante do seu discurso político e da súa estratexia como membro da oposición", explica a doutora.

Segundo Gómez Ocampo, a política levada a cabo polo goberno bipartito, plasmada no decreto 124/2007, seguía a mesma liña que as normativas anteriores: a asignación de porcentaxes para cada unha das linguas, máis "cunha diferenza fundamental: non só se incrementaba a cota de materias que impartir en galego, senón que se establecían medidas de avaliación e control que garantirían o cumprimento da normativa".

Neste novo contexto, no que o PP decidiu iniciar o confrontamento lingüístico, o colectivo Galicia Bilingüe xogou un papel fundamental. "Consciente ou inconscientemente, soubo aproveitar a ruptura do consenso en materia de política lingüística e a posición adoptada polo PPdeG para liderar a oposición ao decreto 124/2007 e impulsar a súa propia proposta de modelo educativo que, dende finais dos anos oitenta, defendían colectivos semellantes", argúe Gómez Ocampo.

GOBERNO DO PP E DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Nas eleccións de 2009 gañou o PP e Alberto Núñez Feijóo converteuse en presidente da Xunta, despois dunha "dura e intensa campaña electoral marcada por cruzamentos de acusacións e ataques persoais" e na que "a cuestión da lingua ocupou unha posición central"

"O novo goberno de Núñez Feijoo tiña agora que enfrontarse coas consecuencias de crear e alimentar o «problema da lingua»”. O nomeamento de Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística foi, segundo esta autora, un "intento por desvincularse dos discursos sobre a lingua que defendía Galicia Bilingüe e sectores do propio PPdeG". Pero a polémica reavivouse co polémico decreto aprobado en 2010, contestado por un amplo sector da sociedade galega.

"Despois dun borrador de decreto presentado o 31 de decembro de 2009, que tivo unha forte contestación social, o goberno procedería a introducir algunhas modificacións e aprobaría en maio de 2010, co voto en contra de PSdeG e BNG, o decreto 79/2010, coñecido como o «decreto do plurilingüismo», que introduciría importantes cambios con respecto á normativa aprobada polo goberno bipartito: reducíase a porcentaxe de horas que impartir en galego, establecíase unha consulta aos pais para determinar a lingua materna en Educación Infantil, os Equipos de Normalización Lingüística pasaban a denominarse Equipos de Dinamización Lingüística e perdían peso no proxecto de normalización dos centros, outorgaba ao alumnado a liberdade para empregar a lingua da súa preferencia e volvía apostar por medidas de control e avaliación máis laxas", recorda a doutora da USC. 

Seis anos despois, o conflito lingüístico segue vivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

2 Bóveda

Certo. Pero non é mais certo que os profesores de galego dos instututos, na súa maioría, imparten o galego como una lingua estranxeira, suspendendo a tope, poñendo exames de 7 preguntas e con media hora para facelos. A maioría dos rapaces están desexando acabar o bacharelato para esquecerse dunha asignatura que odian. O galego tiña que ser impartido como unha lingua nai. En primaria non hai ese problema. Na ESO comeza a habelo porque imitan aos compañeiros de bacharelato. O cainismo do nacionalismo elévase ao cubo nas aulas. A moitos profes de galego debe pagarlles o PP polo baixo para serar esa xenreira entre os mozos.

1 teutonio

O galego ten que ser impartido como unha lingua como calquera outra, e é imposible que sexa impartido como unha lingua nai se está completamente ausente na educación infantil e boa parte dos nenos so entran en contacto con ela ao entrar en primaria.

1 Galegus

Nótase ben a cor bloqueira de Martita. O asunto é exactamente ao revés. Foi o sinistro bipartito o que coa súa volta de tuerca do decretazo de imposición do galego o que disparou ata a tolemia un problema que xa existía desde a creación da Lei de Anormalización Lingüistica (nótese que ten o mesmo nome que o chiringuito trincasubvenciones da UPG)e as políticas de exclusión asociadas. Non se pode esquecer que nun principio os do BNG querían que as clases das escolas comezasen cada día cantando o himno galego, ao máis propio estilo fascista.. Ao pasarse de voltas xurdiu a protesta.

1 nostrus

Tes toda a razon Galegus, si houbera tolerancia non haberia problema porque os rapaces estudarian na sua propia lingua e todos tan felices. O ideal seria que estudaran na sua lingua e aprenderan tamen a outra, pero eso non lle chega aos fundamentalistas ultragalegueiros que pretenden convertir ao galego como a unica lingua verdadeira, inda que sexa de escasa utilidade. É unha cuestion de dereitos das personas a utilizar a lingua oficial que queiran, moi porriba dos direitos (que non teñen) das linguas. O nacionalismo ten a batalla perdida de anteman porque o seu catecismo só convence a quen se deixa.

2 Galegus

Así es.El nacionalismo gallego es un conjunto de cuentos sin base alguna. Hasta en le mantra del "auto-odio" copian con todo descaro el clásico vicio español tan bien descrito por Unamuno. El problema de base fueron los complejos del PP y su afán para no meterse en problemas. Asumieron buena parte de las tesis nacionalistas para que los mismos les dejaran hacer en materia de clientelismo y "negocios". Pero el tinglado ya hace tiempo que se viene abajo. Eso sí, bastantes se forraron a costa del galego y sus subvenciones.

3 nostrus

Cierto Galegus, pero los que tienen auto-odio son los que sufren por lo que son, ya sea por ser gallegos o por ser españoles. Es verdad que el PP y el PSOE tambien son responsables porque para no meterse en problemas se pusieron la "mascara" de nacionalistas y con el tiempo la mascara se le convirtió en rostro. Y los escritores patriotas que necesitan una subvencion para escribir en gallego es porque no son tan patriotas y su labor carece de importancia porque si lo que escriben tiene interes no haria falta subvencion y si no tiene interes de nada servirá que los unten porque lo que escriben terminará almacenado en un local sin nadie que lo lea y su unico fin será cobrar el chupe. Meus pais falaron sempre en galego e na vida lles diron un peso e eu mamei deles o galego e nunca o estudei porque nos meus tempos de estudante non existia na ensinanza

4 Sonia

Mentir é o que ten, isto é, pouca vergoña para dicir caralladas do tipo "o BNG quería que os rapaces comezasen as aulas cantando o himno galego". Non, Galegus-Nostrus-Galicia Bilingüe: o himno galego é un texto legal e como tal pode ensinarse para unha celebración ou nas materias de música e lingua galega. Ou ben mentides á mantenta ou ben ledes xornais como la Razón e credes todo o que ali pon. Por outra parte, tamén vos esquecedes de dicir que a LNL foi aprobada por unanimidade por un Parlamento no que o nacionalismo apenas estaba representado. E tamén esquecedes que o Plan de Normalización foi lanzado por Fraga e aprobado por un parlamento con maioría do PP logo de meses de traballo con moitos colectivos sociais. O decreto de promoción do galego bebe directamente dese Plan, de aí o 50% das clases en galego, tamén en infantil.

5 Sonia

O día anterior á súa aprobación (cunha conselleira do Psoe), Manolita López Besteiro (PP) anunciou o cambio de voto do PPdG tras ser chamados á orde polo PP de Aznar. O resto son pallas mentais vosas, incluída a das subvencións: un único ano de axudas ás editorias e á produción cultural en español, ao Instituto Cervantes ou a aquel programa Música con Ñ cubriría 50 anos de axudas á industria cultural galega. Iso non o ides dicir.

6 nostrus

Sonia, o bipartito queria un 50% "minmo" en galego, pero non contemplaba o maximo, polo que poderia chegar ao 100%. Do resto dame igual, eu só quero que tanto galego como castelan sexan oficiais, pero polo ben das personas para que podan expresarse na lingua que lles pete e nunca pola igualdade das linguas, que nunca se dará por motivos ben claros. Pretender que todos estuden en galego é tan irracional como pretender que por motivos identitarios todos escriban ca man dereita, incluidos os zurdos. O galego non é unha relixión, tan só é unha farramenta para que a xente o use na dose que lle dea a gaña e eu non lle vou dicir a ninguen cal lingua debe usar e cales son as suas ventaxas ou límites, xa os atopará cada un. Pode que para ti o galego teña a mesma carga emocional que Cristo para os católicos, pero non podes pedir que ese sentimento teña que ser compartido polos demais.

7 teutonio

Ferramenta a que teño eu... nostrus, por moito que cismes o galego é moito máis que unha ferramenta de comunicación, sabeo calquera lingüísta. Queredes reducila iso pra que so sexa valorado conforme as leis do mercado. Se estás en contra das imposicións deberías loitar contra o actual decreto, 50% obrigatorio en castelán e en galego non é?. Chístame o de que non se debe buscar a igualdade das linguas, se esta non existe como un falante de galego pode obter esa igualdade se non ten os mesmos medios, produtos e servizos que un falante de castelán?, ten liberdade pra usala se vai ser marcado negativamente e o seu uso está sancionado socialmente fora de certos contextos?. Es un pailán e recoméndoche que viaxes e leas máis e empregues o copiar e pegar pra non escribir sempre as mesmas estupideces.

8 un de paso

Yo te doy cremita.... tú me das cremita.... hahahahahahaha

9 Marta Gómez Ocampo

De bloqueira nada e todo o contrario. Non vou entrar moito na polémica pq me acabo de enterar agora mesmo de que saiu esta noticia sobre o artigo. A UPG ten tamén moita culpa polo mesmo que comentas e fixo moitos inimigos da normalización. A pena é q dunhas liñas saques todas esas conclusións de anos de traballo