Un que leu: falacia retórica que non cola. De novo por aquí o argumentum ad verecundiam. Ou sexa, un argumento de autoridade, porque a falta de auténticos argumentos acúdese ao que diga un personaxe popular, como se unha vez que Obama recibe o premio Nobel da Paz, o que diga é infalibre como o que di o Papa para os católicos. Absurdo e irracional.
Non cola, dígao Pérez Esquivel ou Obama, simplesmentes porque é impresentable defender ao que defende a quen considera que a "loita armada" é lexítima. Quen fai tal cousa, colócase nun plano de igualdade cun filonazi.
Por outra banda, Pérez Esquivel non é ninguén na vida pública española, entre outras cousas porque non é español. Callón si que ten un DNI español, paga impostos aquí, e pode exercer unha serie de dereitos en España aos que non pode acollerse Pérez Esquivel.
En resumo: se quen apoia a loita armada forma parte dunha organización ilegal e non recibe un peso das arcas públicas, non sei porque ten que recibilas aquel que apoia a organizacións filoterroristas (mentres non se retracte), e non sei cómo se pode defender a semellantes enxendros organizativos abstraéndose do moito mal que fixo ETA á nosa sociedade, e descoñecendo tamén que unha das poucas medidas acertadas dos gobernos de Aznar, que mantivo o PSOE, foi ilegalizar HB, cando se sabe que o diñeiro que recibían das arcas públicas era vital para darlles pulo.