A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón

Posto que tivemos moitas peticións ao respecto, tamén vos enviamos un enlace onde podedes ver a entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón no programa Foro Aberto, o substituto de 'Hai Debate', e no que o entrevistador entra a discutir co seu entrevistado emitindo opinións persoais incumprindo certas normas básicas dunha entrevista. Podes velo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 113 comentarios

48 alberto

Quen paja...manda. Este leva toda a sua puta vida de "jornalista" dicindo un día unha cousa o o mes seguinte...viravolta. E un paiso, non un xornalista, sinto non compartir a túa opinión Xurxo, non se pode ser respectuoso con este impresentable, eu teño datos da sua baixeza desde cando adaba por LVG a finais dos setenta....fai falla lembralos? temos todos tan mala memoria?

47 Clariño tamén

Clariño non me intentes vender ningunha moto. Co tema dos xudeos, os galegos, etc por que non cola........¿Esás ti contra a tortura? ¿non me digas? Entón leerás o que dí ano tras ano Amnistia Interacionacional sobre as torturas no Estado Español, non si?. E protestas? Chámaslles asesinos a eses torturadores?.
Ou sexa que 200.000 vascos son asesinos?. Ese é o conto dos fascistas...Sabesque che digo que prefiro a HB e non ao PP. Non teñen un tipo que estivo de ministro de Franco, un asesino como Fraga...Ala home....

46 moni

Primeiro, iso non é unha entrevista, é un pretendido linchamento que dá verdadeiro noxo.
Segundo, a entender do presentador, non debería existir o dereito a manifestarse en contra do goberno, porque como gañou as eleccións, todos a calar. Moi democrática a súa mentalidade.
Terceiro, noraboa Carlos Callón porque esquivaches perfectamente os golpes baixos e porque demostras que tes reflexos para non deixar que te lincharan finalmente.

E cuarto, canto cobra o presentador? É acorde o seu soldo cos tempos de crise que vive a sociedade e máis concretamente a TVG? Está de acordo o director do programa (Sr. Tino Santiago) con este esperpento que nada ten que ver co xornalismo?

45 Galiciaconfidencial

Pedimos moderación a algúns dos participantes no foro, sobre todo nos seus cualificativos. Xa sabedes que admitimos todas as opinións sempre e cando sexan respetuosas e aporten argumentos. Un saúdo

44 Un que leu

Volvamos a rego: o tema non é un cidadán que non sei se estimou inadecuada e infructuosa a ilegalización de Batasuna. O tema é unha entrevista ou cerco ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

A cuestión é a política lingüística galega. Non un malabarismo que se pretende deslexitimador. Coidado coas viravoltas que hai que dar para tal; aínda algún pode romper unha perna.