Clariño tamén: polo que aos insultos se refire, perdoa que che diga que me dan o mesmo, que para chulo, mi pirulo.
¿Que as ideas non deben ilegalizarse? Ou sexa, que se ven alguén propoñendo a idea de que os xudeos ou os galegos son seres inferiores e hai que gasealos, ou que os curritos que traballan como policías ou picolos non teñen dereito á vida, ou que é lexítimo matar, ti cres que a xente con esas ideas non deben ilegalizarse. Pois eu penso que si, porque esas ideas fan moito dano, matan, a xente sofre. Calquera diría que ti tes tan pouca capacidade de empatía que pensas que é lexítima a tortura ou a pena de morte. Eu discrepo, e por sorte para todos, a maior parte da sociedade tamén.