a) Que a cuestión lingüística foi fundamental nas eleccións será opinión persoal de CLR. Algunha enquisa non parece confirmalo, por certo.
b) O presidente da MNL referiuse a organizacións de pais ou nais de alumnos que apoian o Decreto. Falar de consensos é sempre arriscado, desde logo; falar no nome de sectores enteiros, tamén: todos.
c) En ningún momento encontro a explícita equivalencia manifestación = plebiscito. Sería un abuso, claro; á enquisa, chegoulle ben.
d) O presidente da MNL contesta que son a primeira asociación cultural do país (en número de asociados, parece que é real). Por certo: non é é subvencionada, é foi. Observemos, con todo, a diferenza entre subvencionar e achegar os fondos e infraestruturas necesarios para desenvolver un simposio de intención política (lingüística, claro: supoño que iso é obvio).
e) Xaora, non estivo todo o PSOE; si que estaría a maior parte do BNG; e houbo tamén algún PP. Todo o mundo é unha forma de falar certamente imprecisa; CLR entrou no xogo de validar un lugar común, discutíndoo: se había contradición, non sei se foi unha gran maneira de amosala.
f) O Presidente alude á diversa composición do corpo asociado, recoñecendo que en gran maioría é tendencia BNG; realiza tamén referencia crítica -leve e de paso, pero crítica- á política lingüística do anterior goberno.
g) Están no mesmo rexistro un entrevistador e o representante dunha postura de parte? O presidente cuestiona o léxico connotado do entrevistador. Colócase o entrevistador, coa súa resposta, na posición politicamente contraria? Xustifica coherentemente a súa actuación profesional? Que persegue, que consegue?
Carlos Callón debe ter contradicións. Mesmo vostede, meu concorrente, terá as súas. Ora ben, non me parece que no desempeño de Carlos Luis Rodríguez destacase mostrar as do primeiro.
É o que a min me parece. Un saúdo xeral, na fin de semana non poderei ler.