Asinantes do Manifesto de Vidán piden tender pontes entre organizacións nacionalistas

Fan un chamamento a "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia para que "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O nacionalismo galego segue na procura de solucións á súa división, escenificada principalmente polo BNG e as correntes nacionalistas de En Marea. Ante a falla dun gran acordo, pedido por activa e pasiva antes das eleccións, os asinantes do Manifesto de Vidán volven alzar a voz para pedir que se acheguen posturas. Así, nunha nova aparición, consideran necesario "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre as distintas organizacións nacionalistas para que esta ideoloxía "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Luis Villares e Ana Pontón.
Luis Villares e Ana Pontón.

Así o manifestaron distintas fontes consultadas, presentes esta fin de semana en Santiago na que foi a primeira reunión que os asinantes de este manifesto celebraron dende as pasadas eleccións autonómicas do 25 de setembro, nas que o BNG mantivo seis dos sete escanos que tiña no Parlamento galego na pasada lexislatura e En Marea se fixo con 14 deputados.

Segundo explicou unha destas fontes, ao encontro acudiron case un cento de persoas de "distintas procedencias e militancias así como xente non aliñada". Así, precisou que, entre outros, estivo presente "xente do BNG, xente de En Marea...".

Todos eles, indicaron as mesmas fontes, analizaron os resultados dos pasados comicios autonómicos e "como estes condicionan o futuro do nacionalismo en Galicia". "A conclusión final que máis ou menos todos compartimos é que é necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e tender pontes entre as distintas organizacións nacionalistas galegas", sinalaron.

Nesta liña tamén se pronunciaron outras fontes presentes na reunión. "O que se comparte é que a situación actual do nacionalismo non é boa porque non ten a expresión electoral que debería ter na sociedade para ser alternativa", indicaron estes asinantes do manifesto, que tamén sinalaron que "hai unha coincidencia" sobre a necesidade de "ir tendendo pontes entre organizacións, aínda que agora poida parecer complicado, xa que a medio prazo poden ser factibles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

10 mareados do podemos non

Nós ao nosso, pasando dos espanholeiros da "marea", defendendo a soberanía e os intereses nacionais e sociais do povo galego.

9 tin

Está claro. Dous partidos de esquerda: un espanholista e outro nacionalista non hai mais. A aventura de Anova estivo ben pero, 2 deputados de 14 e un de cerna o que fai 3 de 14 . O peso do nacionalismo na marea é ridículo (21%). Por outro lado perden mais de cen mil votos con respecto as eleccións estatais cando as autonóicas deberían ser mais favoraveis.

8 Guillerme Gintonic

Non é doado tender pontes con Ana Poltrona

7 quen son os nacionalistas?

Por que empregades esa linguagem? Os nacionalistas som os que defenden a imposiçom do sistema juridico e lingua da Espanha na GZ. Estaríamos a falar do nacionalismo espanhol. Non me chames nacionalista por opinar libremente dos asuntos da minha terra. Algo que nen sequer o BNG comprendeu e así nos vai.

1 Ana

Correta análise (ver nostrus como exemplo).

6 nostrus

¿Alguen sabe como seria unha Galicia ultragaleguista?. Os cidadans terian que comportarse seguindo a doutrina diseñada pola cúpula ulragalegueira que nos diria como teriamos que comportarnos, a quen temos que amar, como temos que falar, que cultura temos que practicar e sin deixar marxen a decision do individuo porque o naciopatetismo non considera ao cidadan como o miembro mais idivisible da Natureza, sinon que para eles é o rebaño, a tribu ou a secta.