Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 25/10/2016 | Actualizada ás 10:31
O obxectivo, segundo explica a editorial, explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.
Así, Galaxia destaca que para a autora é crucial, e a editorial comparte, que "a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre".
Loretta Birott Bermejo naceu en Venezuela en 1979, máis ao pouco volve para Galicia de onde é a súa familia materna. Vive na Coruña e cursa os estudios de Dietética e Nutrición, profesión que desenvolve na actualidade na industria farmacéutica. Comezou a escribir relatos por afición e máis tarde contos infantís para a súa nena.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.