Auxilian un grupo de excursionistas que se perdeu nunha ruta pola Fervenza do Toxa en Silleda (Pontevedra)

Un grupo de persoas tivo que ser auxiliado na tarde do domingo tras perderse cando facía unha ruta pola Fervenza do Toxa no termo municipal de Silleda (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 31/10/2016 | Actualizada ás 09:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un grupo de persoas tivo que ser auxiliado na tarde do domingo tras perderse cando facía unha ruta pola Fervenza do Toxa no termo municipal de Silleda (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o grupo de excursionistas solicitou axuda ao 112 Galicia na tarde do domingo despois de perderse en Silleda cando facían unha ruta pola Fervenza do Toxa.

Unha desas persoas contactó co Centro de Atención ás Emerxencias do 112 para explicar que se perderan despois de seguir as indicacións dun GPS. Segundo explicou, estaban a intentar volver ao seu punto de partida, Martixe, sen éxito.

Por iso, o persoal do 112 alertou a Policía Local e a Guardia Civil. Os efectivos locais localizaron os excursionistas nunha estrada entre Martixe e Arxenil, preto dun cámping. Todos eles se atopaban en perfectas condicións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta