Investidura.- Feijóo di que nesta lexislatura os empregados públicos recuperarán "o nivel salarial perdido"

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que esta lexislatura será na que os empregados públicos galegos recuperen o nivel salarial perdido durante a crise.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2016 | Actualizada ás 11:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que esta lexislatura será na que os empregados públicos galegos recuperen o nivel salarial perdido durante a crise.

Avanzouno durante o seu discurso de investidura, no que ratificou que durante estes catro anos o seu Goberno continuará coa Tarxeta Benvida deseñada para acompañar as familias galegas durante o primeiro ano de vida do seu bebé. "Ademais, aqueles fogares en risco de pobreza ou exclusión social terán dereito a ela ata os tres anos de vida do seu fillo", indicou.

Feijóo enmarcou esta medida na súa aposta por consolidar a Galicia como "o mellor lugar para nacer e para ser neno". Para iso, tamén apostou por "seguir ampliando as prazas públicas", para o que se crearán "1,000 novas prazas na Rede Galiña Azul".

"Galicia seguirá ofrecendo deducións fiscais á maternidade e paternidade. Ademais, dialogaremos con en novo Goberno central para intentar reducir o IVE dalgúns produtos básicos, como os cueiros," indicou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta