Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/11/2016 | Actualizada ás 10:00
O Consello Confederal da CIG aprobou o luns por unanimidade a convocatoria do VII Congreso para os días 27 e 28 de maio. Ademais de renovar os seus órganos directivos, que dirixe Suxo Seixo, os sindicalistas definirán as liñas de actuación da central para os vindeiros anos.
O VII Congreso terá lugar no Pazo de Congresos en Santiago. Como balance, a direccioń de Suso Seixo persentará "un período no que a CIG conseguiu consolidar a súa posición como primeira forza sindical en afiliación en Galiza, con arredor de 65.000 afiliados/as, e a menos de un punto de ser a primeira en número de delegados/as".
O Consello aprobou unha serie de cambios na caixa de resistencia, para pagar aos afiliados que teñen que declararse en folga. A cuota sindical para 2017 non aumentará.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.