A Mesa sempre dando a murga comportandose como unha especie de inquisicion acusando de odiar ao galego, como si o direito a odiar fose solo deles; ¿acaso A Mesa ama tanto a bandeira de España como ao galego?. Eu creo que ninguen odia ao galego, pero si ben consideralo un dialecto non é correcto, consideralo coa mesma categoria que o castelán ou o inglés tampouco é correcto. ¿Acaso considerar da mesma categoria ao Barça ca Ponferradina é correcto?. Gustariame que A Mesa tivera a mesma preocupacion para que se estudiara en Galicia cada pequeno na lingua que prefiera si ésta é oficial, e primara a liberdae e o benestar das personas porriba das manias identitarias, pero para eso xa estan outras organizacions como Galicia Bilingüe. A Mesa que vaia rañala e deixe de estorbar. En Galicia temos duas linguas propias e oficiais para que a xente as use na dose que lle dea a gaña.
Os fascistas sempre co autoodio. Acaso non podedes saír da estercallada moral na que vivides? Dás pena sempre comentando merdas aquí como se isto fose un vertedoiro (en certo sentido si).
lo de fascista ira por ti, porque yo ni soy fa-cha ni odio al gallego; de hecho es la lengua que hablo con mi mujer, mi hijo, mis amigos, ctr. Y hablar o no hablar gallego no influye para ser facha, pero si influye que seas una persona totalitaria e intolerante, como lo sois los que no respetais las decisiones de los demas y quereis entrometeros en la lengua que han de hablar. En Galicia las personas hablan la lengua que le da la gana, excepto los fa-chas gallegueriticos que solo hablan la lengua que le han adoctrinado que tiene que hablar.
Comparar linguas con equipos deportivos paréceme dunha ignorancia preocupante. Por esa mesma regla de tres, o castelán non pode ser estar ao mesmo nivel do inglés ou chinés, xa que o número de falantes é inferior? Eu vivo e traballo dende hai varios anos en Alemaña e podo asegurar que co castelán non vou a ningures. Debo por iso desprestixiar este idioma? Debo por iso esixir que os meus fillos deixen o castelán e se centren nun idioma como o alemán que, evidentemente, lles vai ser de maior utilidade? Porque precisamente iso é o que se pretende dende organizacións como Galicia Bilingüe (xa o propio nome é dunha hipocresía insultante).Outra pregunta que me asalta: quen está a falar da bandeira española? Que relación ten con este artigo? Polo feito de falar o galego a cotío, debo ser cualificada coma unha persoa que odia o español? De verdade?
Silvia, pois enton admite que unha persona por non falar galego non pode ser acusada de odialo como fai A Mesa. Si non che gusta que o número de falantes dunha lingua sexa un criterio para averiguar a sua categoria pon ti outros. E é que hai outros criterios como a implantacion en espacio de importantes decisions, pero tanto neso como en número de falantes o galego non esta nin entre as cen primeiras linguas. Eu falo galego porque me gusta pero non pola sua importancia e defendo que o use aquel que se sinte comodo falandoo como defendo tamen que fale español aquel que o prefiere, mentras que A Mesa pretende aumentar os falantes de galego inda que non o prefieran, tan só para recrearse eles nas suas pallas mentais. ¿A probarias ti unha organizacion como A Mesa que se dedicara a que os homosexuales se fixeran heteros?, ¿por que enton ten que haber unha organizacion para que os castelanfalantes se fagan galegofalantes?
O teu discurso podre está baldeiro de toda razón e só é un cúmulo de estupideces unha detrás doutra. Temos que deixar que unha multinacional socave os nosos dereitos linguísticos unicamente por que Galiza é unha nación sen estado!? Tedes os lacaios de Madrid sempre que meter os fucinhos para atacardes aos defensores da xustiza. Vaite pra Madrid, cipaio do carallo! Adlátare do imperialismo españolista e rancio, xenocida de linguas aquí e na América a golpe de espada, tiro na testa e Biblia en man.
Eu estou co Nostrus. Non se pode comparar o galego co castelán. Hai categorias! Tampouco se pode comparar un varón, macho, cunha femia ou muller... os postos ocupados, os títulos e rangos! Nin un branco cun preto, hai estamentos! Nin unha persoa útil cunha discapacitada, pobriña! Por iso estou contra toda norma que prime aos inferiores: nada de invertir o que está funcionando polos séculos dos séculos! Que importa que o das categorias sexa unha falacia desmontada por antropólogos e por estudosos da cultura, as categorias son lei divina, ou case!
como decía homer simpson:
NOSTRUS ES IDI OTA, BUFFFF AUN LO ES MAS!!!!
Evidentemente cada un temos as nosas opinións. Eu opino que as liguas non son categorizables. Eu opino que a lingua é cultura. Éme igual que a falen 50 persoas ou 500.000.
Non entendo que se poida falar dunha imposición do galego. Non hai máis que ver as estatísticas de retroceso do idioma nos últimos anos (imposición? Dáme a risa).
Eu procurarei que os meus fillos coñezan e falen o meu idioma (o cal non implica que non poidan coñecer e falar outros, unha cousa non ten que ver coa outra por moito que outros digan). E sobre todo procurarei que sexan intelixentes dabondo, para que saiban estar orgullosos da súa identidade, da súa cultura e da súa lingua.
Silvia, pois eu non opino coma ti, e si opino que unhas linguas son mais importantes que outras. Non é igual de importante o arameo que o francés, nin o latin como o español. E si a lingua é parte da cultura, tamen o é a relixión, por moito que non o querades admitir, pero a ninguen se lle pode obligar a que asista a ninguha romeria, a bautizarse ou a casarse pola igrexa para manter a cultura. A lingua pode promocionarse, pero sempre dende a liberdade do individuo e sin obligalo directa ou indirectamente a falar unha lingua polo simple feito de que non se perda.
Para ti importancia é números: falantes, peso da literatura producida, extensión territorial... Imaxínate que califiquemos aos teus fillos ou pais polos mesmos criterios. Se cadra non son "importantes" e até podemos dicir que son prescindibles (treme se cho di un mestre ou un médico). Na vida e na cultura dos humanos hai outros valores (non en todos, ti semella que non os sentes). A importancia túa é relativa. Antes dixeches "categoría", deberías saber que pensar dese xeito deu lugar a comportamentos racistas e até fascistas (faite mirar, igual padeces sen sabelo). E se estás preocupado pola liberdade comeza pola Constitución Española, polo "deber de conocer" o castelán (artigo 3), deber non é liberdade senón imposición. Igualdade é outra cousa, obrigar ou impor aquí e agora só se fai co castelán.
Leirachá. Cada un pode darlle importancia ao que lle dea a gaña, eu tamen. Pero para a sociedade no seu conxunto os valores non teñen porque coincidir cos de cada cidadan en particular, ademais pensa que a excentricidade humana é infinita.Tamen conven non mesturar aos seres humanos coas linguas e non se lle debe atribuir a estas condicions e calificativos que só ddeben adicarse as personas, xa que as linguas non sufren, nin teñen sentimentos, nin padecen e dalles igual que as usemos ou non; os unicos que teñen sentimentos son os falantes, pero non as linguas. As linguas non teñen direitos e os direitos dos galegofalantes estan garantidos. Pretender defender supostamente os dereitos dos galegofalantes tratando de impoñer o galego é tan absurdo como tratar de impoñer o catolicismo para defender os direitos dos catolicos. As linguas ou as relixions estan ao servicio das personas e non ao reves, ademais tanto as linguas como aas relixions son inventos dos humanos e non ao reves.
Os teus valores son, tristemente, nidios. A túa sensibilidade parcialmente atrofiada pola ideoloxía, mais eu paso de corrixir desviados... Outra cousa é a retórica do despiste, non serve, perdes o tempo. Repito, aquí e agora --e desde hai cinco séculos-- o único que se trata de impor é o castelán. Deber é obriga, é imposición. E habendo imposición non hai liberdade para unha parte, non hai dereitos garantidos. Que parte non entendes? Que medo lle tedes á liberdade de escolla, á libre determinación, a esquecer obrigas e deberes para que as persoas libremente decidan a língua que falan?
Leirachá. quenes tedes medo a que a xente escolla sodes vos e por eso pretendedes que se estude só en galego. Si a obriga é innecesaria ou esaxerada é unha imposicion, pero si non é esaxerada ou necesaria xa non é imposicion, é tan só unha obriga ¿pillas a diferencia?. Si o castelan é de comprension obligatoria para todos os españoles non é esaxerado, entre outras cousas porque alegar a sua ignoracia é unha irrealidade e unha excusa para deixar de cumplir algo. Que o galego sexa obrigatoario para todos os españoles é esaxerado e innecesario, e polo tanto convirtese nunha imposicion. Obrigar a coñecer o catecismo por todos os españoles tamen seria unha imposicion. A oficialidade lingüistica obedece a realidade lingüistica social dun territorio e non ao orixe das linguas nin a farrapos de gaita, asi o español é oficial en Chile a pesar de non orixinarse ali e o latin non é oficial en italia a pesar de haberse orixinado ali
Nostrus, como che dixeron máis arriba: faite mirar. Quen dita que é esaxerado? Quen impón e a quen? Se xa o sabes, non lle deas máis voltas: o castelán é o imposto, amparado pola lei, e punto! Se estás pola liberdade debes pedir escusas polo dano que tes feito coa túa obsesión contra o galego, aínda podes cambiar de bando e facerte activista pola causa do único oprimido: o galego. Non hai volta de folla, nin argumento de mal perdedor. Se pola contra a túa ideoloxía como ultra nacionalista español non che permite recoñecer a realidade, cala, pois perdes a túa dignidade. E sae do anonimato, atrévete dunha vez a sair do armario, sexa como persoa decente ou como cavernario. Ou a túa valentía remata na internet? Se tan orgulloso estás, dá a cara. Os fascistas doutros tempos eran máis valentes!