A USC analiza como aforrar enerxía a través da monitarización dos edificios do Campus Vida

A Universidade de Santiago de Compostela está a levar a cabo un estudo para conseguir incrementar o aforro enerxético a través dun sistema de monitarización dos consumos dos edificios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2016 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a levar a cabo un estudo para conseguir incrementar o aforro enerxético a través dun sistema de monitarización dos consumos dos edificios.

Estación Meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no Campus Vida da Universidade de Santiago
Estación Meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no Campus Vida da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

Esta semana, segundo informou a propia USC nun comunicado, reuníronse na capital galega un grupo de especialistas co obxectivo de "optimizar" os traballos na rede de sensores e no sistema de monitarización dos edificios do Campus Vida.

En concreto, o proxecto 'Life-Opere' está a empregar a residencia de Monte da Condesa como planta piloto, na que se están a probar unha serie de sistemas de "xestión eficiente en redes enerxéticas, tanto térmicas como eléctricas".

A meta que persegue o proxecto é "reducir un 30 por cento os consumos enerxéticos asociados á xeración térmica e dun 35 por cento nas emisións de gases de efecto, así como obter un 35 por cento de aforro económico".

A iniciativa encádrase na estratexia Europa 2020, que pretende diminuír "as emisións de gases invernadoiro nun 20 por cento, a mellora da eficiencia enerxética un 20 por cento e incrementar o uso de enerxías renovables un 20 por cento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta