A entrada á Catedral de Santiago seguirá sendo gratis

Barrio rexeita cobrar por entrar ao templo e fai un chamamento aos que poden axudar a mantela por outras vías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2016 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, reafirmouse en que a Catedral de Santiago "presta servizo" ao peregrino, polo que "non sería o máis axeitado" cobrar pola entrada.

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago | Fonte: periodistadigital.com

Por iso, nun almorzo informativo organizado polo 'Fórum Europa. Tribuna Galicia', apelou a buscar outras vías para poder manter o templo en boas condicións, xa que preservar o patrimonio é custoso.

Así as cousas, fixo "un chamamento" a todos os que poidan a axudar a "manter" unha Catedral, cuxa beleza enxalzou, aínda que quizais pola súa "proximidade", dixo, non sempre é tan "admirada" como corresponde.

Dito isto, asegurou que "comprende" que outros bispos cos seus conselleiros decidiran nas súas respectivas dioceses que "é necesario cobrar". "O patrimonio hai que mantelo e o custo non é pequeno, estámolo a ver coa nosa rehabilitación", reflexionou.

OBRAS LISTAS A FINAIS DE 2019

Con respecto ás obras da Catedral, confía en que no Ano Santo 2021 se poida admirar o templo sen estadas.

"Segundo comentou o Cabido e o director da Fundación Catedral, é moi posible que poidamos telas a finais de 2019", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

De seguir así acabarán vendendo a Catedral a un Fondo de Inversión Buitre e logo veremos canto lles cobran por misar e o botafumeiro será só para VIPs !