Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2016 | Actualizada ás 17:00
Os técnicos da Consellería do Medio Rural retiraron no que vai de ano máis de 8.500 niños de vespa velutina, unha cifra que supera amplamente aos retirados o pasado ano. E é que en 2015, tanto Xunta, coma concellos, recuperaron pouco máis de 8.000.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo quixo destacar os “esforzos” que o seu goberno está facendo para erradicar esta especie invasora. Así, indicou que se entregaron 327 equipos especiais para a captura dos niños a distintos concellos afectados.
Ademais, o xefe do Executivo galego quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade e suliñou que a vespa asiática non supón un “risco maior” que a vespa autóctona. Con todo, alertou que para a súa captura “hai que acudir a expertos, para evitar riscos”.
Preguntado por GC sobre as perdas ocasionadas por este insecto na producción de mel, Feijóo dixo que “non tiña eses datos”. “En todo caso, hai unha acto de catas de Mel de Galicia a semana que ven e alí informarán diso”, suliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.