AMP.- O home detido polo asasinato da moza de Vigo é a súa exparella

O home detido este domingo pola mañá relacionado coa morte por arma branca da moza de 25 anos AM.E.C. é a súa exparella. En concreto, o asasinato foi perpetrado na madrugada deste sábado no relanzo do edificio onde residía a enxeñeira, na Avenida de Madrid da cidade olívica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2016 | Actualizada ás 15:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O home detido este domingo pola mañá relacionado coa morte por arma branca da moza de 25 anos AM.E.C. é a súa exparella. En concreto, o asasinato foi perpetrado na madrugada deste sábado no relanzo do edificio onde residía a enxeñeira, na Avenida de Madrid da cidade olívica.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, pouco despois de que fontes do TSXG informasen de que non está previsto que o detido pase este domingo a disposición xudicial.

Tal e como indicou a Policía Nacional nun comunicado, axentes deste corpo responsables da investigación detiveron o varón sobre as 11,30 horas deste domingo pola mañá.

O home pasará en calidade de detido ás dependencias policiais ao longo deste domingo, e cando o determine a autoridade xudicial pasará á súa disposición, aínda que, segundo fontes do TSXG, non está previsto que o faga este domingo.

O xulgado de Instrución número 5 de Vigo en funcións de garda está a investigar se o crime pode considerarse ou non violencia sobre a muller.

Na madrugada do sábado, unha moza de 25 anos natural de Boqueixón (A Coruña) foi atopada falecida con signos de morte violenta no portal do edificio no que vivía en Vigo.

En concreto, o seu corpo sen vida foi localizado sobre as 6,00 horas por un veciño, nun edificio da avenida de Madrid da cidade olívica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta