Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2016 | Actualizada ás 20:25
A moza que o pasado venres foi apuñalada pola súa exparella en Santiago de Compostela faleceu en torno 15,00 horas da tarde deste domingo no Hospital Clínico da capital galega.
Galicia completa así un tráxico fin de semana no referido a violencia de xénero. Ademais, do sucedido en Santiago, este domingo un home -un compañeiro de traballo que fora parella dela brevemente- foi detido acusado do asasinato dunha moza en Vigo. O detido tentara suicidarse antes da detención e permanece vixiado nun hospital.
A muller de Santiago, con iniciais E.M. de 30 anos e nacionalidade romanesa, está no Hospital estado moi grave dende a tarde do venres, cando foi agredida pola súa exparella, a busca da cal continúa este domingo tras darse á fuga.
A moza recibiu entre cinco e seis puñaladas no salón da súa vivenda, unha delas no abdome, polo menos tres no tórax, pola parte posterior, e unha no colo.
Pouco despois das 17,00 horas do venres recibiuse a alerta por un posible caso de violencia de xénero e numerosos efectivos médicos e das forzas de seguridade foron desprazados ata a rúa San Pedro de Mezonzo, no Ensanche compostelano.
Del paradoiro do agresor aínda non se sabe nada, polo que os corpos de seguridade continúan buscándoo, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.