Xerais traduce ao galego a obra coa que Dolores Redondo gañou o planeta 'Todo isto che darei'

Edicións Xerais presentou este martes a tradución ao galego da obra ambientada en Galicia coa que Dolores Redondo gañou o Premio Formula, 'Todo isto che darei'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2016 | Actualizada ás 20:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Edicións Xerais presentou este martes a tradución ao galego da obra ambientada en Galicia coa que Dolores Redondo gañou o Premio Formula, 'Todo isto che darei'.

Ao acto, celebrado en Monforte (Lugo), acudiron, ademais da propia autora, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universiaria, Román Rodríguez; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; así como o alcalde de Monforte, José Tomei, entre outros.

Na súa intervención, o conselleiro destacou que 'Todo isto che darei''¡ é unha novela negra que ten unha "dobre vinculación con Galicia". Por unha parte, polas orixes da propia autora (con antepasados paternos en Pontevedra e a súa avoa materna en Corme), e pola propia trama, ambientada na Ribeira Sacra.

Precisamente, Román Rodríguez destacou a importancia que ten a elección do espazo dunha novela na promoción turística e cultural e na dinamización económica dunha zona concreta.

Neste caso, subliñou que a novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que "se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo" na terra".

Tras agradecer a Dores Redondo esta obra, Román Rodríguez recordou que é o cuarto Premio Planeta --un dos máis prestixiosos do panorama nacional-- vinculado con Galicia e que previamente recibiron Fernando Bermúdez de Castro, Torrente Ballester e Camilo José Cela.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta