Temas: SANIDADE

Sindicatos médicos denuncian precariedade na Sanidade galega nunha carta ao conselleiro

A coalición sindical CESM Galicia-O'Mega denuncia a situación de "precariedade" que aseguran que afronta o sistema sanitario galego nestas datas nunha carta remitida ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2017 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

Os sindicatos CESM Galicia e O'Mega denuncian a situación de "precariedade" que aseguran que afronta o sistema sanitario galego nestas datas nunha carta remitida ao conselleiro do ramo, Jesús Vázquez Almuíña.

Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade
Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade

Na misiva, as centrais afirman que, a maiores do panorama que viven os servizos de urxencias, "o problema non só se orixina nos devanditos servizos, senón que existen factores que complican esta situación".

Neste sentido, apuntan á atención primaria, falta de substitutos e "nefasta organización" na cobertura de ausencias". "Ao final, os grandes prexudicados son os usuarios e tamén os facultativos", advirten.

Así, alertan da situación para "os dous piares do sistema", mentres, afirman, "os que deberan solucionar esta situación están a gozar das súas vacacións".

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

tamén son ganas de amolar... o SERGAS pon pistas de xeo aos pacientes a ver se rompen a crisma de vez e así aforran o tratamento contra o cancro... iso sí que é saúde e calidade de vida... http://www.noticiasvigo.es/sos-meix...