Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/01/2017 | Actualizada ás 20:16
Segundo establece a citada convocatoria do Sergas, ás prazas de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo A2, pode acceder calquera persoa titulada universitaria en iguais condicións que unha titulada en Informática. Sen embargo, para optar ás prazas de técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo C1, esíxese formación profesional en Informática.
A discriminación aos titulados en Enxeñaría Técnica ou Grao en Informática chega incluso no apartado de puntos obtidos por formación, onde a posesión deste título non supón valoración adicional, cando sí a asistencia cursos. É dicir, obterá máis puntuación neste proceso do grupo A2 un titulado de calquera materia que teña realizado, por exemplo, un curso de ofimática, que unha persoa titulada en Enxeñaría Técnica en Informática.
A urxencia de poñer fin a este “insostible agravio comparativo co resto das enxeñarías” xa levou ao CPETIG a presentar aos candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do pasado setembro un paquete de medidas para ser asumidas polo novo executivo. Entre outras demandas, o CPETIG pedía naquel documento, que cobra agora plena vixencia, a regulación da profesión e a creación do Corpo Superior de Xestión en Enxeñaría Técnica en Informática da Xunta, considerando que “a implantación da administración electrónica e os retos futuros en materia de automatización dos procedementos fan imprescindible a creación deste tipo de corpos especializados”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.