Veciños de Ferrol reclaman que a Xunta se faga cargo do custo das obras de saneamento nesta localidade

Piden ao goberno municipal a devolución da taxa "por un servizo que non se estaba a facer"

Ferrol | 18/01/2017 | Actualizada ás 20:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización de Ferrol reclamou a Augas de Galicia que asuma os custos que "deberán de sufragar os veciños de Ferrol" xerados pola construción dos interceptores xerais para o sistema do saneamento.

A integrante desta plataforma Lupe Ces considerou "inxusto" que unha obra de interese xeral do Estado "teña que ser sufragada" en parte polos cidadáns. Así, aínda que se mostrou a favor de pagar unha taxa "por un servizo, ao igual que coa auga", rexeitou que os veciños teñan que pagar "a construción da propia infraestrutura".

Especialmente cando, segundo indicou, nela "existiron erros importantes" como "atrasos" que motivaron perdas de subvencións así como deficiencias na "estación de bombeo" ou a "depuradora" que "presentaban un estado non acorde para a súa posta en funcionamento".

Na súa intervención, Ces acusou o anterior goberno municipal da cidade, do PP, de "enganar a poboación" e "facer cobrado unha taxa por un servizo que non se estaba a facer e que era todo unha mentira".

Por iso, pediu "responsabilidades, tanto ao anterior goberno municipal como a Augas de Galicia, ademais de á empresa municipal de augas, a Emafesa, pola xestión que realizou naquel momento".

A voceiro veciñal tamén criticou que o sistema que se instalou en Ferrol para poder sanear as súas augas "non sexa separativo" e reclamou que se "inicie xa co proceso de implantar un sistema separativo, por exemplo nas obras que están pendentes de finalizar, como na zona da Malata".

ACTUAL GOBERNO

En canto ao actual goberno de Ferrol, que ostenta en solitario Ferrol en Común, dende este plataforma reclamaron "que se devolva a taxa xa cobrada de xeito ilegal a todo os veciños durante o mandato do PP e que a nova taxa se faga dun xeito participativo".

Outro integrante deste plataforma, Pablo Portero, asegurou que este colectivo "vai seguir na mesma liña, goberno quen goberne, en defensa da maioría dos cidadáns" e que non están dispostos "a ser utilizados por ningún grupo político contra outro". Así, instou a Jorge Suárez (FeC) á "devolución da taxa de saneamento cobrada ilegalmente aos afectados".

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización tamén solicitou á Casa do concello que informe da "situación das xestións levadas a cabo diante da Fiscalía" e pediu ao alcalde unha aclaración sobre "en que consiste o compromiso económico" requirido por Augas das Cuncas de España (ACUAES) "para a posta en marcha dos interceptores xerais".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta