A CORUÑA | 24/01/2017 | Actualizada ás 14:50 por EUROPA PRESS
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, destacou a vitoria da "lista de integración" nas eleccións internas de En Marea para elixir as persoas que conformarán o Consello das Mareas.
A preguntas dos xornalistas, considerou que a lista encabezada por Luís Villares, 'Máis Alá!', gañou por "unha maioría clara". Non obstante, lamentou que non houbese: "Toda a participación que nos gustaría a algúns". Un feito que vinculou con que algunhas persoas "non se decatasen de que non estaban inscritas no censo".
Por outra banda, subliñou "o apoio maioritario a unha lista de integración fronte a dúas listas que eran máis de parte". Así mesmo, sinalou que agora hai que esperar a que o consello se constitúa para "empezar a traballar, que é do que se trata". Sobre o voceiro, resolveu o debate recalcando que hai "un documento político que establece os acordos para as portavocías".
En concreto, tras as eleccións, a lista encabezada por Luís Villares, 'Máis Alá!', terá 21 postos no Consello das Mareas. Pola súa banda, a candidatura vinculada a Anova, 'Somos Quen', fíxose con nove; e a de Cerna, 'Queremos participar', con cinco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.