Temas: BNG

O BNG integra á Fronte Obreira Galega

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fronte Obreira Galega (FOGA), Xosé Carlos de la Fuente, asinarán este venres en Vigo o acordo que establece unha serie de bases ideolóxicas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/01/2017 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fronte Obreira Galega (FOGA), Xosé Carlos de la Fuente, asinarán este venres en Vigo un protocolo de integración desta formación na fronte nacionalista.

Pancarta da FOGA un 25 de Xullo
Pancarta da FOGA un 25 de Xullo

Ambas as dúas organizacións concordan na "necesidade de unidade de acción das forzas nacionalistas para avanzar cara a unha Galicia soberana con organizacións propias".

O protocolo recolle unha serie de principios compartidos, segundo avanzou o BNG, como son a "defensa do dereito de autodeterminación e da soberanía do pobo, a defensa dos dereitos sociais e económicos das clases populares, a aposta pola igualdade entre homes e mulleres e a defensa dunha economía ao servizo do pobo que permita xerar riqueza e contar cos recursos suficientes para manter os servizos públicos e sociais de calidade e universais".

Así mesmo, inclúese no documento de principios compartidos "o pleno desenvolvemento da identidade nacional, lingüística e cultural", así como unha democracia real e participativa.

A sinatura do protocolo terá lugar este venres 27 de xaneiro na cidade de Vigo, ás 11,00 horas, na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

INTEGRACIÓN NA FRONTE EN PLENO DEBATE

A integración no Bloque Nacionalista Galego realízase en pleno proceso asambleario, que culminará a finais de marzo coa celebración do seu plenario os días 25 e 26 de marzo.

Ademais, chega despois de que, tras a asemblea de xaneiro de 2012 en Amio, o BNG experimentase as súas dúas grandes escisións, que supuxeron a marcha dos irmandiños capitaneados por Xosé Manuel Beiras e as bases do que entón era Máis Galiza (que logo derivou en Compromiso por Galicia).

A iso, hai que sumar outras baixas no nacionalismo do BNG tras a asemblea da Coruña de febreiro de 2016, momento no que tamén houbo marchas puntuais como a do que fose voceiro parlamentario, Carlos Aymerich, e do que fose vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 LKI

Agora cando reingresa alguén no BeNeGá montan unha festa http://www.bng.gal/articulo/novas/a... Those were the days, BeNeGá.

8 Ulrike M

E estes da FOG cantos son? Entran nunca sidecar? Agora igual entra tamén o único militante do PCPG. Se é que no BNG quedaron os coroneis, os de troleada e catro máis.

7 Antolín Parracho

Os vividores da CIG entran no BNG

6 dorna

Ladran logo cabalgamos, avante co BNG por unha Galiza soberana!s

1 FRPU

Soberana co BnG, si... Sobretodo cos vosos pufos millonarios coa banca espaÑola. Non sodes soberanos vós e ides facer soberana Galiza. Enfín, fantasías sipaias...

5 Balbino Fernández

Con páxinas de propaganda no xornal coruñesista e con ceas de 160 euros por cabeza como as que paga Lores en New York, por non falar doutras viaxes turísticas, convéncense xornalistas, culturetas e sindicalistas. Paga o Concello: hai barrigas agradecidas, o alcalde "comunista" quita os cartos dos desfavorecidos para sustentar parásitos. Menos mal que son comunistas! E hai quen aspira a estar na mesa dos mantidos... Normal, hai moita fame!

1 balbino

Vail leer o OkDIARIO de Inda españolito, cando queiras ver a verdade infórmate e deixade de facerlle o traballo o PP. Desmoralizades a calquera, pero as ganas de acabar co PP e seguir construindo unha Galiza forte a de poder cós oportunistas coma vós. Explicar o da cena en NY paréceme de tolos pero weno, 30 pontevedreses residentes en NY foron convidados, que menos logo de pagaran máis de 150$ por asistir a gala na que se lle otorgaba o premio a sua cidade natal. Pero nada seguide creendo as difamacións e esaxeracións do PP, realmente gastáronse sobre 80 euros que se documentaron e fiscalizaron como ten que ser non como fan outros convidando a amigos ou alcaldes de outras cidades.

2 caudillismo modelo Po

Era boa, se colara... a cea foi pagada coa tarxeta de MA Fernandez, 3000 eurazos constan no xustificante publicado, se o menu custou 150 euros por cabeza, xa comeron ben ou polo menos caro de karallo, e ti dis que pagou 80 euros, logo Lores compartiu menu? ou consumiu media racion?... Sodes ben ridiculos os taparrabos do beneguai!