SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2017 | Actualizada ás 11:36 por EUROPA PRESS
A Universidade da Coruña (UDC) rescindiu o contrato con Segur Ibérica e asinará este luns un novo contrato con Astra Seguridad, que garantirá o emprego e os salarios dos vixilantes das súas instalacións, segundo informaron este sábado os sindicatos USO e CC.OO.
Así, despois de varios meses sen percibir os seus salarios, os vixilantes de seguridade adscritos á Universidade da Coruña xa contan cunha nova empresa adxudicataria, que se encargará do servizo de seguridade que ata a data executaba Segur Ibérica.
A nova empresa contratista, farase cargo de case medio centenar de traballadores, entre vixilantes e auxiliares, que se atopan repartidos entre os centros da Coruña e Ferrol, "garantindo a continuidade de todos os postos de traballo que contemplaba o anterior contrato, así como as súas condicións salariais", destacan os sindicatos.
O secretario de Organización de USO, Iván Blanco, informa de que a duración do contrato será ata que este servizo saia a licitación pública nuns meses. Este sindicato presentará unha serie de propostas para a inclusión de cláusulas sociais que eviten estas situacións de indefensión aos traballadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.