Temas: VIGO PORTO

Guerra entre Vigo e Porto a conta dos aeroportos

Caballero cualifica de "sectario" ao alcalde da cidade portuguesa por criticar o voo de TAP desde Vigo e ameaza con acudir á UE.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/02/2017 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

As cidades de Vigo e Porto volven estar enfrontadas, novamente, polos seus aeroportos. A decisión da compañía portuguesa TAP de abrir novas conexións desde Peinador en detrimento de Sá Carneiro abriu unha batalla dialéctica entre os rexedores destas urbes.

Un avión da TAP
Un avión da TAP | Fonte: tap.pt

Así, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este mércores de "sectario" ao presidente da Cámara Municipal do Porto (Portugal), Rui Moreira, polas críticas deste á aerolínea TAP e á súa política de restar voos ao Sá Carneiro para operalos desde outras terminais, como a de Peinador.

O rexedor olívico acusou ao alcalde da cidade lusa de actuar de forma sectaria e de ser "incapaz de entender a libre competencia", e lembrou que a Moreira "lle encanta" que os viaxeiros de Vigo tomen voos no aeroporto do Porto, pero critica ás compañías cando voan desde a terminal viguesa.

Caballero aludiu así ás últimas manifestacións de Rui Moreira, nas que denunciaba "falta de transparencia" na aerolínea TAP (participada polo Goberno de Portugal) e atacaba á empresa por favorecer na súa política de prezos aos viaxeiros que saen desde outros aeroportos, como o de Vigo, en detrimento do aeroporto Francisco Sá Carneiro.

O alcalde de Vigo advertiu a Moreira de que "o que pide á TAP sería denunciable ante a Comisión Europea" porque pide a unha compañía aérea "que atenda indicacións políticas". "Unha vez máis, o alcalde do Porto non está á altura do que se espera dun alcalde desa cidade", lamentou Caballero.

O rexedor olívico, quen asegurou que a liña Vigo-Lisboa operada pola TAP está "a funcionar moi ben e a libre mercado", advertiu ao alcalde do Porto que "ten que respectar as normas da UE". "Non vaia a ser que nos vexamos en Europa", engadiu.

Temas: VIGO PORTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Aterra_no_monte

A única guerra que hai é a dos alcaldes e partidos antinacionalistas por arruinar Galiza: Cándo entenderedes, Caballero e demáis paiasos, que para ter conexións a máis partes, máis vóos por semana a cada destino, menos custes e maior competitividade hai que concentrar recursos nun aeroporto (Santiago) e deixar os vosos oligofrénicos localismos? Para cándo un sistema de comunicación por tren, autovía etc que faga innecesario ter tres aeroportos para unha poboación exigua. Madrid e Porto rínse de vos, paiasos.

1 Amigos para siempre

Non son antinacionalistas, son moi nacionalistas (españolistas, por suposto!). No resto coincido, Porto atende 1 millón de habitantes máis dos que se reparten entre os tres aeroportos galegos, logo dividir Galiza para os españolistas é a súa razón de ser, e de paso incendiar con localismos para embobar incautos (onte fíxoo o ultradereitoso Paco Vázquez travestido de socialista, hoxe Caballero, que chegou co apoio do BNG e segue co beneplácito da oposición controlada das Mareas).

2 Gamela

¿que unha compañía atenda indicacións políticas? Diso sabe algo Abel grazas ao Convenio co Faro de Vigo !!!

1 Don Pimpón

Canto antes pechen Peinador e Alvedro mellor. A xente marcha en taxi a O Porto porque ten voos a todas partes, moito máis baratos e compensalle. Unhas boas comunicacións entre trens, buses e o aeroporto Rosalía de Castro e xa non fai falla tanto aeroporto a menos de 100km (28 minutos en tren a A Coruña e 50 minutos a Vigo). Que en realidade deberían ser menos de 20 minutos para A Coruña e menos de 35 a Vigo é outra cousa, pero a Alta velocidade non é Alta (non é AVE, é galiña) en Galicia. Tres aeroportos tan cercanos é unha gañanada.